Crónica

Cando cheguei con David diante do Concello, pensamos que nos equivocaramos de hora, pois a nosa sorpresa foi maiúscula xá que ali solo estaba José esperandonos. Pero non tardamos en ver aparecer unha nube verde, que eran nin máis nin menos que os nosos compañeiros coa súa sudadera característica dos Sendeiros, o que é unha ventaxa, xá que asi distinguimonos moi ben nos routeiros.

E xá, sin esperar moito máis, poñemonos en marcha, baixamos pola rúa Pasadoiro, Camiño de Perico, A Viela, ata o Porto. Neste punto agreganse dúas amigas máis o grupo, ali xa empezamos o paseo por Túpide, contemplando a Praia da Rapadoira, coa súa inmensidade de area branca e fina, o Prado Danderramos, onde outra amiga máis se incorpora. Pareceme que hoxe vamos ir pouco a pouco recollendo a xente, xá que cada un vai empezar a ruta donde máis preto lle quede da casa, xa que o final da ruta somos 61 persoas e non me parece a min que saíramos tantos do Concello. Escoito alguén decir que eles teran que comer menos xa que non fixeron toda a ruta (ji,ji...)

Este routeiro vai caracterizarse pola infinidade de praias, calas e paisaxes que nos deixaran embelesados, porque ainda que moitos de nós paseamos a miúdo pólo entorno, cada dia é diferente, e para miña sorpresa moitas das persoas que camiñan con nós, hai sitios polos que nunca pasaron, polo que nos sentimos doblemente satisfeitos de facer esta ruta, xá que o noso principal empeño é potenciar o noso Concello e apreciar e valorar o que temos.

 Non quero esquecer zonas tan coñecidas como o Ollo do Mar, A Ronqueira, O Cú do Castro, Augadoce,a  Praia de LLas,q ue hoxe hai unha marea tan baixa que apetece botar andar pola súa área tan fina; seguimos polo paseo ata Pampillosa, porque debido os estragos que fixo o mal tempo non poidemos baixar ver a Praia de Sarrido. Aproveitamos para facer un reagrupamento, tomar um tentempié e sacar a foto de grupo.

Ruta das Praias de Foz Ruta das Praias de Foz Ruta das Praias de Foz Ruta das Praias de Foz

A verdade é que o dia está ideal para camiñar, non fai frio, apetece quedarse máis tempo descansando pero temos que seguir, ainda queda moito traxecto para chegar o noso punto final. A xente vai animada, o sendeiro é fácil, non hai costas, casi todo chan, sen darnos conta xa divisamos o Castro de Fazouro, a Praia de Arealonga, xunto a min camiña David e non pode evitar comentar que ésta praia é moi boa para pasear xa que ten unha lonxitude de 1400 metros. Hoxe tamén nos acompañan Carmen, Isaac e Ainhara, os nosos xovenes senderistas, que a ratos van o meu lado e outros van correndo diante, a este ritmo xa veremos haber si aguantan, ainda que eles tenen moita vitalidade, e mentres vaian entretenidos non se percatan dos kilómetros que vamos percorrendo. De vez en cuando polo walky escoitamos a José Luis que nos bota un cantarin, a verdade é que nos alegra o dia escoitalo, fixadevos ata que punto que Luciano tamén se atreve a cantarnos, non,”si o final acabará chovendo”, dice alguén, já, já....

E asi, entre risas e charlas, pasamos pola Praia das Polas, Os Xuncos, Illa Orxal, e cando chegamos a Riosmar, temos unha sorpresa para os nosos amigos, xa que outra das consecuencias do temporal foi que desapareceu a ponte para pasar o outro lado do rio, pero tranqüilos, os meus compañeiros ocurreuselles unha idea moi brillante, improvisaron unha ponte de madeira con unhs tablóns, e teño que decir que hai que felicitalos, quedou moi ben e moi práctica, de feito xa houbo alguén de Cangas que nos felicitou pola idea e o inxenio. Eu, recoñezo que tiña a cámara de fotos preparada por si alguén acababa na auga, pero grazas a Deus non foi asi, todos pasaron sen novidade e xa dispostos a facer a última parte da ruta, por certo, moi fermoso este paseo dende Cangas ata Praia de Areoura. Pero non me quero anticipar, pois neste tramo tamén poidemos contemplar o tren, xa que cando ibamos pegados a vía pasou para deleite de todos, sobre todo dos nosos campeóns pequerrechos, que estou segura hoxe van ter moitas cousas que contar xa que viviron unha experiencia diferente, espero que satisfactoria, e que non sexa máis que o comenzo de moitas outras.

Ruta das Praias de Foz Ruta das Praias de Foz Ruta das Praias de Foz Ruta das Praias de Foz

Despois de xuntarnos todos en Areoura,subimos no bus para achegarnos ata o Restaurante O Norte, donde nos espera un delicioso xantar de confraternidade, que mellor xeito de celebrar outro ano máis o dia do Sócio, non esquezamos que xa levamos seis, todo elo gracias a vosa colaboración e axuda, xa que vos sodes o pilar desta Asociación e senón fora pola vosa participación ruta a ruta non seria posible seguir ano tras ano organizando rutas e eventos que fan seguir con vida e ilusión este colectivo, nunca debemos olvidar que todos somos importantes e todos aportamos o noso gran de área.

Asi que graciñas de todo corazón, desta guia que cos seus erros e acertos, e coa axuda dos meus compañeiros, sempre intenta levarvos polo mellor sendeiro e nunca desviarnos do bo camiño.

Unha aperta

Ana