Crónica
O día amañeceu cun ceo con néboa, pero que facía
presaxiar un bo día para camiñar. O ano anterior fixemos a ruta polos
mesmos paraxes e a choiva que nos tocou foi moita. Este foi uns dos
motivos para repetir Os Sendeiros esa zoa para facer sendeirismo.
Esta vez 42 sendeiros partimos de Foz
as sete da maña con algunhas baixas dos fixos de outras rutas: Jesús,
Paco, Paquito, Alfredo, Luciano, máis as súas mulleres, Tere de Ribadeo,
en fin unha pena para eles por perderse os fermosos encantos da zona onde
pasamos este domingo.
Nada máis asomar por Abadín xa tíñamos sol e todo o
ceo despexado, que sería o noso compañeiro todo o día. En Guitiriz
fixemos unha paradiña para estirar as pernas ao mesmo tempo tomar un
café. Seguimos despois da paradiña a estrada no autobús moi ben
conducido pola nosa condutora " Elvira ". De Elvira teño que
dicir que nos leva sen darnos conta nin sequera da estrada, vamos
confiados, sen apretons, relaxados, e que dicir do seu carácter, sempre
con o sorriso na cara, calada, sen un mal xesto, a mellor.
Pero bueno sigamos coa nosa aventura, van pasando los
kilómetros pasando por Carballo,
Baio
e Vimianzo ata
chegar a Laxe
as 10,15h., baixamos do autobús e todos preparados para o comezo da ruta.
Laxe e un pobo cativo de pescadores cunhas rúas estreitas e un fermoso
paseo marítimo, neste paseo vense algunhas figuras feitas de ferro como :
D. Quixote e Sancho Panza, unha ra, unha guitarra, todo elas feitas cunha
singularidade moi especial. Esta pequena vila fíxose moi famosa como Portozás
na serie da TVG " Mareas
Vivas " cos personaxes de Petróleo, Currás, etc.. que tivo
moito éxito fai uns tres anos.
Subimos polo medio do pobo por unha das rúas estreitas
ata chegar a un descampado con as terras divididas en pequenas hortas ben
coidadas, xa estamos no alto e vamos en pequena baixada por un sendeiro
ben sinalizado que achéganos a praia do Soesto,
fermosa e aínda virxe, verdadeira marabilla, cruzamos o areal e pasamos
ao lado de outra praia pequena chamada Arnado.
Seguimos o camiño e de novo voltamos a disfrutar duns dos máis fermosos
areais: a praia de Traba
Neste lugar paradisíaco facemos un reagrupamento,
tamén a fotografía do grupo e volta andar, que para elo algúns tiveron
que facer algúnha que outra acrobacia para pasar un pequeno regato que
separaban as dunas da area, algún que outro fotógrafo tiña a máquina
preparada para facer algunha toma graciosa. Este areal e moi extenso con
bonitas dunas, cunha area fina, que Os sendeiros foimos pisando pouco a
pouco, formando unha enseada entre as puntas, polo este O Roncudo, e polo
oeste Camelle
e a punta Percebeira.
Pasamos o areal e o camiño sigue entre grandes penas
graníticas redondas dispostas de maneira irregular facendo fermosas
figuras e cheas de algunhas lendas, todo o seu conxunto chamase "
Coido da Señora ". En elas os xoves amantes do Trial, emulan a os
grandes profesionais desta modalidade de motociclismo. Cruzamos polos
sendeiros que forman as penas ata chegar a Camelle onde estaba o resto do
grupo esperándonos.
Camelle e outro dos pobos mariñeiros pequenos pero
cun encanto especial, con as súas casas pequenas pegadiñas ao mar, que
xuntos forman un paseo marítimo que che da unha sensación de paz e
tranquilidade. Collemos o autobús para dirixirnos ao Faro
Vilán en Camariñas,
pasamos polo pobo e baixamos do autobús ao carón de Cabo, e volta a
disfrutar das fermosas vistas que se contemplan dende este lugar, o Faro e
maxestoso e testemuña das moitas calamidades que ocorreron nesta Costa da
Morte.
Dicir do Faro
Vilán que foi dotado de luz eléctrica no 1896, seis anos despois do
naufraxio do Serpent,
o que supuxo unha notable melloría para a navegación. Cunha torre
octogonal de 25 metros de alto a súa luminosidade alcanzaba as 30 millas,
sendo un dos máis potentes da época. O anterior faro de vapor, do que
aínda se poden ollar os restos, traballara dende 1854. Unha vez feita a
visita retomamos o sendeiro que vai a levarnos costa a baixo durante seis
kilómetros disfrutando dos encantos desta fermosa costa con varias calas
ao largo deste sendeiro.
As tres e cuarto chegamos a pequena vila de
Camariñas capital do " Encaixe de bolillos ". A vila nesta hora
estaba tranquila relaxada, eu creo que en plena sesta, fixemos unha
pequena visita, algúns trocamos a camiseta, os calcetíns, un pouco de
auga pola cara, e volta ao bus, para achegarnos a Vimianzo para o chantar.
Xa eran as catro da tarde e nalgúns a fame facía mella nos seus
estómagos. ¿A que digo a verdade Tino?
As seis despois dunha boa sobremesa, partimos para Foz,
chegando sobre as nove menos cuarto
Un saúdo e ata a próxima
José
Luís
|