Powered by Wikiloc
 
 
 

>  

 

Crónica

Fraga de Vilapena

Dia do Sendeirista Galego 2025

Nesta ocasión tócanos organizar o día do Senderista Galego, e para tal fin escollemos o roteiro Fraga de Vilapena, roteiro homologa no concello de Trabada.

O día amence gris e con chuvascos dispersos. Concentrámonos na área Chao do Couso, e a medida que van chegando os participantes chove máis. Tomamos un cafetito quente para entrar en calor. Despois dunhas breves palabras do representante federativo e dunhas indicacións sobre como se vai a desenvolver o roteiro, comezamos a camiñar. Imos baixando pola estrada ata unha pista á nosa dereita, a cal atravesa un fermoso piñeiral, o descenso polo piñeiral faise en zetas para ir perdendo altura. Chegamos a unha pista ancha de saburra, e viramos á dereita, está un pouco deteriorada xa que non fai moito sacaron madeira, cando chegamos ao refuxio facemos un reagrupamiento, aproveitando o avituallamiento. Continuamos baixando ata o sinal que nos indica o miradoiro da Pena Gorda, ao cal non subimos xa que a néboa, nubes e chuvascos non deixan gozar das súas magníficas vistas. Seguimos descendendo entre eucaliptos, seguindo as marcas, ata coller o desvío á esquerda, que nos introducirá na parte máis bonita da Fraga, é unha subida un pouco forte, e esta mollada, o que dificulta un pouco ese ascenso. Unha vez collida a altura suficiente, serpenteamos pola fraga esquivando as árbores e pedras, por este fermoso carreiro, tapizado cun musgo de cor verde intensa. Cando chegamos á altura do rego de Vilaformán, viramos á esquerda e subimos ata a pista de saburra pola que pasamos á primeira hora, unha vez nela viramos á dereita para desfacer os pasos que fixemos cando baixamos. Toca subir polas zetas, atravesando o piñeiral, ata o punto de partida.

Unha vez cambiados de roupa, subimos aos autobuses e coches e dirixímonos ata o pavillón de deportes de Trabada, onde celebraremos a comida de confraternidade. Ao termo da mesma facemos entrega do obsequio conmemorativo a todos os participantes, como recordo do día.

Grazas a todos os participantes por vir gozar connosco deste día e esta paraxe.

Como non mil grazas a todos os compañeiros, que colaborastes para facer posible este día, e que todos os senderistas gozasen da nosa terra, sen vos non sería posible.

E mil grazas a supermercados Gadis e panadería Bahia pola súa achega desinteresada.

Un saúdo.

Roberto.