CRÓNICA

Neste fermoso e luminoso sábado, 24 de setembro, convidados un ano máis pola asociación Os Sendeiros de Foz, realizamos esta fermosa ruta, partindo da praia da Pampillosa para irmos ata a aldea de Fouzouro e ascender río arriba ata voltarmos ao punto de saída. O traxecto do río Ouro transconrre por lugares, como diciamos, fermosos e sempre pegado ao río. Dicir que este ano notamos que arranxaron e melloraron a contorna da saída, aínda que as marxes do río deixaban ver aínda a desfeita da primavera do ano 2010.
De volta, os da asociación Os Sendeiros, tíñanos preparado unha auga e froita, é de agradecer esta amabilidade; logo do pequeno descanso, seguimos arredor da costa con fermosas calas e múltipes paneis informativos ao longo do percorrido. Entramos en Foz pegados á Rapadoira e ao pé do porto, en Tupide fomos agasallados, para os que quixeron, con bonito,bolo preñao, pan, postre e viño. Alí entregamos ao Presidente, José Luís Suárez, catro guías dos Itinerarios polo Concello de Castroverde.
Desde aquí damos as grazas á organización e, finalmente dicir que nos xuntamos asociacións desde Gijón,Cudillero,Luarca, Navia, Lugo, As Pontes, O Valadouro...Xove ata a pequena representación de Amigos do Patrimonio, apenas media ducia. En total, segundo a organización, arredor de 500 persoas.

Saúde.
Manolo Muñiz
Asoc. Amigos do patrimonio de Castroverde

V Encontro de Sendeirismo Rio Ouro e Praias de Foz V Encontro de Sendeirismo Rio Ouro e Praias de Foz V Encontro de Sendeirismo Río Ouro e Praias de Foz V Encontro de Sendeirismo Rio Ouro e Praias de Foz

A asociación Pasada das Cabras de Burela decidiron quedarse ao lado da casa e asistir ao Encontro Río Ouro e Praias de Foz que organizó Os Sendeiros de Foz. A ocasión serveo non só para caminar enha paisaxe inmellorable pola súa beleza, eno tambien para intercambiar experenzas co as cerca de 500 persoas de Galicia e Asturias que se deron cita no encontro de sendeirismo.
Dende a asociación burelense, queren agradecer públicamente a Os Sendeirosesta iniciativa que unha vez máis resultó <<excelente>> “ Todo estaba magnífico: A música, O xantar, A señalización, o avituallamento, os traslados....en fin un dez para Os Sendeiros, aseguran dende Pasada das Cabras.

El Progreso 28 de setembro de 2011-09-29

Pasada das Cabras