CRÓNICA
Xuntámonos as 7 da mañá unha trintena de "sendereiros" no día de Santiago, Patrono da Parroquia de Foz, de Galicia e tamén de España, 25 de Xullo, véspera da festividade de San Xaquín e Santa Ana, e precisamente era ANA a nosa "capitana" para esta excursión a terras de Fisterra e Costa da Morte, no nos puido acompañar o Presi (José Luis) por mor dunhos agradables compromisos familiares.
Non houbo moita parola nos primeiros kilómetros de viaxe, pois quen mais ou menos, erguéramonos en torno as 6 da mañá, e eso e moito madrugar para un mes de Xullo en Foz, pois o día anterior, sábado, algo de troula sempre hay. Cando nos dimos conta xa estábamos parando a desayunar en terras de Carballo (Coristanco), xa estaban preparadas varias mesas, todas con varios servicios de desayuno e unhos enormes croisants, a metá deles sobraron, e non foi po lo precio pois eran baratos abondo (2,10 incluindo un bon tazón de café con leite).
A eso das 9,45 arrancamos para facer o ultimo tramo hasta Dumbría; desembarcamos en torno ás 11 na cima do Monte Pindo, desde donde se divisan unhas excelentes vistas do Atlántico, Cabo de Fisterra, o propio pobo de Fisterra e ós nosos pés os pobos do Ézaro e O Pindo, quedaban ocultos ós nosos ollos os pobos de Corcubión e Cée por mor dun monte a nosa dereita un pouco mais alto que donde nos estábamos.
Existe alí un amplísimo mirador para ver todo o anteriormente comentado, dedícamoslle un certo tempo para deleitar os nosos ollos e de paso, facer a foto de todo o grupo (na foto vamos sair todos menos Ana, pois ela foi a fotógrafa). Facía alí enriba un forte vento que a algún lle levóu a gorra, unha delas foi imposible recuperála pois foi caer encima dun texado dunha caseta situada mais abaixo do mirador e como non había ninguén tan alto como Pau Gasol nin tíñamos escaleira ... pois .. adios gorra.
Iniciamos o descenso hacia Ézaro por unha carretera asfaltada e con un desnivel que si o descubren os do Tour de Francia fan aquí unha etapa, teño hoxe (día seguinte á excursión) unha dor nas pantorrillas que non puiden nin subirme a bicicleta para ir á Rapadoira. O caso e que fumos aplicando duramente o freno e chegando casi a entrada alta do pobo Ana fixo un xiro á dereita para meternos por unha rúa estreita que pouco a pouco foi derivando en un precioso camiño forestal, o vento alí xa tiña desaparecido de todo, fumos camiñando rodeados por pinos, carballos, salgueiros, bidueiras, felgos, etc. toda unha vexetación autóctona preciosa e olorosa (tamén había algún eucaliptus ... pero non mirábamos pa eles, eran, afortunadamente, unha minoría silenciosa). Despois de pouco mais de un kilómetro chegamos a un muiño lixeiramente restaurado que lle chaman de Lourido, sorprendéunos ver alí, o carón do muiño, unha especie de mini-cementerio có as súas tumbas ou nichos na parede, pero nó, non eran tumbas, Ana e tamén Pereiras (que llo contara Ana) aclaráronnos que se trataba de unha especie de colmenas para as abellas, o parecer poñían no "mini-nicho" unha especie de corcho e alí as abellas facían o mel que a bon seguro o muiñeiro ou muiñeira (que de todo había nó 19 e mediados do 20) venderían ós seus veciños cando lles levaban o trigo, millo ou cebada para facéla fariña).
Alí, de paso tomamos algunhas frutas que portábamos nas mochilas, e tamén se descubréu un lugar ideal para W.C. na traseira das antiguas colmenas ... eso sí por turnos ... "las mujeres primero".
Unha vez aliviados, quero decir ... despachadas as frutas, retornamos po lo mesmo camiño, pois ainda que a senda continuaba bordeando o pequeno río que por alí transcurre (a auga quédase con ela Fenosa, só queda un regato) e existen varios muiños mais, ningún deles valía a pena ver, pois están totalmente abandonados e rodeados de maleza e mesmo o camiño antoxábase incómodo para camiñar.
En pouco mais de 15 minutos estábamos en pleno Ézaro á beira do noso bús e enfrente ás magníficas praias atlánticas; desde alí partimos andando hacia a Fervenza para contemplar a impresionante cascada que forma o Río Xallas na súa cascada rumbo ó Atlántico (única cascada de Europa que desemboca directamente no mar). Desde que Fenosa explota esa central eléctrica (compróulla á Electra do Xallas fai unhos 30 anos) a cascada que vertía a súa auga de forma natural deixóu de facélo e tras árduas peleas cós veciños e Concellos chegaron ó acordo de abrir a presa unha ou dúas veces por semana durante un par de horas (de 12 á 14 h.). Dáse a circunstancia, que ahora con esto de ver a cascada nos días que a abren, fórmanse excursión de turistas (nosoutros éramos unha delas) para ver este precioso paraxe e espectáculo. (Eu creo que dentro de pouco pasará como na praia das Catedrais).
Achegámonos xusto ós pes da cascada cando mais auga caía, ¡precioso! ¡majestuoso! ¡divino! Ver aquela auga caer po la mole granítica ... mirabas para ariba e vías aquel ceo azul iluminando o rocío que formaba a auga ... a propia auga como rebotaba contras as rochas perto de donde nos atopábamos nós ... alguén dixo: Vamos facer outra foto de grupo .. e , pero como o paseo de madeira que construiron para chegar hasta a cascada é tan largo, moitos fórense quedando ó largo do paseo-mirador para contemplar a caida con mais comodidade. ainda que mais lonxe, e por ese motivo non puidemos xuntarnos todos para esta segunda foto de grupo. Entre fotos, comentarios, louvanzas á natureza, etc, foi pasando o tempo e sin presa fúmonos achegando de volta ao bus para xantar.
O día era fantástico, ceo completamente azul, unhos 27 ou 28 grados de temperatura, lixeiro vento, praia ós mesmos pés ... ¿Quen pode resistir non darse un baño? Bueno, en bañador puxéronse varias "sendereiras" e tan solo dous "sendereiros". algún déles déuse un bon baño antes de comer e unha boa ducha (de todos modos non hay area de praias como ás nosas nin temperatura de auga ... ¡qué fría estaba! pero un é de Foz e bañóuse igual)., comimos unhos poucos, outros preferiron comer de terraza-restaurante e mesmo Luis coméu "bajo un ardiente sol" no medio e medio da area. Despois de comer as mais novas tiraron de "biquini" e ¡ale! a tomar o sol, os mais veteranos optamos por conversar un pouco tomando uns cafés e unhos chupitos en un par de terrazas á sombra contemplando o océano e as Illas Lobeiras (Jesus de Geo averiguóu que a unha chámanlle a pequena e a outra a grande) e xa, de paso, tamén contemplamos como se inicióu un pequeno incendio do monte (frente a nós) e como en menos de 10 minutos aparecéu o helicóptero e en menos de media hora tíñao dominado, eso sí, gracias a colaboración de Zamora que lle iba indicando ó piloto donde tiña que abrir o caldeiro para soltar a auga.
Ás 5 en punto todos no bus para retornar a Foz, a pouco de arrancar pasamos po lo lado do incendio, estaban alí xa os bomberos, e puidemos ver que o carón mesmo había unha casa ... menudo susto se deberon levar. Pasamos por Cée, lembreime que aló a finales dos 70 xugóu alí o Foz, o partido pertenecía a Liga de Regional Preferente e xugaba no Foz meu primo Pirri e hasta facía ben pouco tamén xugaba Mamel, eu estaba traballando e vivindo na Ponte do Porto (a unhos 30 kms de Cée) e fumos a miña muller e os meus 3 fillos xunto con meus tíos Pedro e Eugenia (pais de Pirri e Mamel) ver o partido, empatamos a unos, e os de Cée para insultarnos (ós de Foz) chamábannos "asturianos"; partíamonos de risa, vaia insulto, ... pero si somos PRIMOS-HERMANOS.
Entre risas e animada charla chegamos á área de descanso de Guitiriz, alí tomamos unhos refrescos e algunos fixemos a típica compra da "torta de maiz". Tras unhos 20 minutos reanudamos a marcha para chegar a Foz en torno as 9 da tarde.
Despedímonos todos facendo a promesa de acudir á marcha nocturna do próximo sábado día 31 hasta Peizás (ida e volta).
Aquéles que non puidéstedes vir a este andareiro espero que disfrutedes algo con esta lectura.
Un abrazo a todos.