Crónica
Outro ano máis Os
Sendeiros de Foz participamos
cos amigos que ano tras ano
vamos facendo polos distintos
encontros de sendeirismo, ista
vez foi en A Pontenova onde
sempre somos recibidos cos
brazos abertos.
De Asturias e Galicia éramos os
que formamos o pelotón que íamos
a coroar o pico Outeiro, unha
atalaia dende se observa a lonxe
os pobos de Taramundi, San
Tirso, A Fonsagrada, Río Torto,
e incluso se pode ver o monte
Mondigo.
Unha ruta ven feita e de fácil
recorrido que en baixada soave
vai achegándonos A Ponetenova,
non sen antes atoparnos como o
río Turía e o pobo de Conforto
coñecido por o seu santuario
Mariano.
A paisaxe e impresionante e
sendeiros de frondosa variedade.
Ao final os Fornos e o noso
amigo Felucho, focense de pro,
tan esperándonos para dar por
rematada a ruta e tomar unhas
cañas para ir facendo boca para
o xantar que coma a sempre
compoñíase de Bolo Preñao de
chouriza, bolo preñao de liscos,
e a famosa tarrina de requeixón
de Taramundi. Despois do xantar
tomamos uns cafés polas fermosas
terrazas da hostelería do pobo,
e ao carón dos Fornos e o río Eo
santo e seña de A Pontenova.
En fin un bo día o que pasamos
por esas fermosa bisbarra.
Vémonos en Cistierna.