>  

 

Crónica


Ruta Tapia - Arnao

O roteiro deste mes discorrerá por terras asturianas, é a senda costeira entre Tapia de Casriego e Arnao en Catropol, por iso neste tempo de inverno de días pequenos, facemos roteiros preto de Foz e á vez imos completando por etapas este roteiro que percorre a costa cantábrica.


Comezamos ná entrada de Tapia, dirixímonos cara ao seu campo de fútbol e pola ponte que cruza o río pasamos alén. Subimos dirección á urbanización entreplayas, seguimos as indicacións do roteiro, pasamos xunto ao cámping, desviámonos á dereita cara á praia da Pomba, bordeamos o bosque e dirixímonos cara a Serantes, desviámonos á dereita cara a Villamil, pasamos á beira da residencia da terceira idade. Imos camiño de Santa Gadea, pasamos xunto á ermida de San Lorenzo, baixamos á praia de Penaronda, que será onde fagamos a parada para comer algo. Continuamos cara Arnao, deixamos á nosa esquerda a área recreativa e pasamos entre o aeroclub e o campo de tiro. Seguimos cara á Punta da Cruz, desde onde temos unhas vistas magnificas de Ribadeo, da ría, así como da serra interior tanto da zona asturiana como galega. Pasada un pouco a praia de Arnao, espéranos o bus e é aí onde poñemos o punto final ao roteiro de hoxe.
Subímonos no bus e dirixímonos ao restaurante a Yenca, onde comeremos todos xuntos, una espectacular comida, e xenial trato do persoal.


Grazas a todos un día máis, por esta magnífica xornada.


Saúdos e ata a próxima

Morís.