>
Crónica
Andaina contra o cancro, Foz 2024
Un ano máis nos xuntamos á agrupación local da AECC, para organizar un pequeno roteiro de sendeirismo pola contorna de Foz, para animar e apoiar aos enfermos e as súas familias, recadar fondos, á vez que remover conciencias para conseguir apoios para poder seguir investigando sobre esta enfermidade.
Ás 9 da mañá xuntámonos un
centenar de persoas diante do
concello de Foz, para realizar
xuntos esta camiñada. Fai un
precioso día asollado e moi boa
temperatura, tras unhas palabras
da presidenta da agrupación
local da AECC e do presidente de
Os Sendeiros, damos comezo á
marcha. Saímos en dirección ao
Mercadona, subimos cara á Veiga
dá Sara, para pasar xunto O
Castro de Marzan, baixamos cara
á fonte de Marzan, desde aí
seguimos baixando ata a praia de
Llas, para coller o paseo que
bordea o litoral, pasando pola
praia da Rapadoira, camiño do
porto, que será onde termine o
roteiro de hoxe. Na praza Conde
de Fontao, espéranos unha mesa
da asociación, para que quen
queira, deposite un donativo
para a causa que nos reuniu.
Grazas a todos por participar e
colaborar.
Ata o próximo ano.
Un saúdo.
Morís.