>  

 

Crónica

Ruta Nocturna 2022

Un ano máis, no mes de agosto e xa van 11 edicións, fixemos o noso roteiro nocturno, percorrendo rúas, camiños e paseos.


Concentrámonos diante do concello ás 22:30h, fixémonos unha foto de grupo aproveitando a luz dos farois, e tras unha breve explicación de por onde vai discorrer a marcha, comezamos a camiñar. Dirixímonos cara á praza de Galicia, para seguir cara a corporacións, desviarnos á esquerda por diante dos edificios verdes, encamiñándonos ás torres, que será nese punto onde nos meteremos por un caminito nos prados, aí é onde teremos os nosos primeiros pasos ás escuras, o que nos obriga a acender as lanternas. Saímos á estrada que nos leva ata o chiringuito da praia de Llas, onde colleremos o paseo marítimo das praias que nos levase ata a Rapadoira. Seguindo o relevo da costa por esta senda, temos unhas vistas marabillosas, vemos toda a costa coas luces dos pobos, unha lúa case chea de cor laranxa e a serpe luminosa que formamos camiñando.


Poñemos o punto final á camiñada de hoxe na Rapadoira onde facemos unha última foto de grupo.


Magnifica noite, grazas a todos por participar e facer tan agradable o roteiro de hoxe.

Un saúdo

Morís.