Crónica
Fin de semana en Póvoa de Varzim – Portugal
Viernes, 1 de mayo de 2015
A saÍda tiñámola para as oito,
pero, entre colocar o equipaxe e
colocarnos nós, foi un pouquiño
máis tarde. Javier, o noso
conductor, informounos do plan
de viaxe, que se foi cumprindo
de una maneira exemplar. Ás nove
e cuarto fixemos unha primeira
parada en Guitiriz para tomar un
café. A segunda parada, sobre as
once e cuarto, foi na área de
San Simón, casi chegando a Vigo.
E de aquí directamente a Póvoa
de Varzim. Chegamos, organizouse
o reparto dos cuartos e,
deseguido, fomos comer. O hotel
estaba á beira misma da praia,
un pouco lonxe do centro da
cidade. Nun día de verán ten que
ser un lugar magnífico, pero a
nós recibiunos un mar bravo,
bastante vento e choiva.
Ás catro, saímos cara a Porto,
onde nos esperaba unha guía que
nos levou pola cidade, para
enseñármonos o máis interesante:
Torre dos Clérigos, Praza dos
Leons, Igrexas do Carmo,
Librería dos irmáns Bello, que
parece ser inspirou a J.K.
Rowling para os seus libros de
Harry Potter, e a Catedral. Foi
unha lástima que o tempo no nos
acompañara: choveunos todo o
traxecto e iso impediunos
disfrutar, por exemplo, das
fermosas vistas do Douro desde o
patio da catedral. En vista das
circunstancias, montamos no
autobús y fomos dar unha volta
pola zona de Vilanova de Gaia,
onde se concentran a maior parte
das bodegas do famoso viño de
Porto; pero non paramos nelas. Á
volta, puidemos tener un pouco
de tempo para que cadaquén
fixese o que lle apetecese:
tomar un café, pasear polas rúas
da Ribeira, ir de compras… Ás
oito voltamos ó autobús para
dirixirmos ó hotel, onde
chegamos hacia as nove, porque
atopamos un certo atasco á saída
de Porto. Despois da cea, case
todo o mundo foi para a cama,
porque o día fora completiño.
Sábado, 2 de maio de 2015
Este era o día programado para a
nosa ruta. Todos tiñamos medo de
que o tempo fose horrible, pero
non foi así. Amaneceu con
bastante niebla, pero sen chover.
E arrancamos a andar. O roterio
foi moi chao; nun primer momento
bordeando as praias e despois
por camiños rurais que, nalgúnha
zona, estaban tan enlamados que
tiñamos que subir polas beiras
para evitar os charcos. Esto
fixo que a marcha fora lenta e
non puideramos chegar hasta
Esposende, que era a nosa meta
orixinal. Pasamos por varias
feligresías, (Aguçadouro, Apulia)
e, ó chegar a Fao, como o tempo
se nos botaba encima, veunos
recoller o autobús, para
regresar ó hotel, xantar e saír
hacia Braga, que era a nosa
excursión desa tarde. Chamaba a
atención, ó longo do camino, que
moitas casa tiveran nas portas
ramos de frores: é a tradición
das frores de maio. Despois
vímolas tamén en Viana do
Castelo e, sobre todo, en
Valença do Minho, onde todas as
tendas estaban adornadas con
ramos, e tamén na praza e nos
arcos de entrada á fortaleza.
Ás catro, saímos para Braga.
Esta vez non levábamos guía; así
que cada un podía dedicar o
tempo a facer o que quixera.
Javier deixounos pertiño da
Catedral, e según chegamos a ela
vimos moita xente arredor da
porta principal. Dous
acontecimentos se xuntaban alí:
por un lado, era día de
bautismos e había moita xente,
moi endomingada para
celebrarlos; por otro lado,
coincidía unha concentración de
bandas de tunos, que animaban o
ambiente coas súas cancións,
que, nalgúns casos, dedicaban ós
cativos do bautizo. Como o tempo
estaba espléndido, a xente
botouse ás rúas e a cicade
estaba moi animada.
Braga é o centro relixioso de
Portugal norte. Ten unha fermosa
catedral e unha chea de igresas,
barrocas case todas. Na catedral
é impresionante o coro alto, e
tamén a capela do patrón, San
Geraldo; a dos enterramentos
reais, a da Misericordia…
Realmente paga a pena visitar
esta magnífica catedral, que
xunta arte q ue vai dende o
século XII ata o XVIII; dende o
románico ata o barroco máis
rococó. Outros monumentos
salientables son: o Oratorio da
Virxen da Torre, El Arco Nuevo,
la Cámara Municipal
(Ayuntamiento) Vella e a Nova, a
Iglesia do Pópulo, a Biblioteca
e os xardíns que están na parte
traseira, probablemente os más
fermosos e coidados de Braga; e,
dentro dos monumentos modernos,
chama poderosamente a atención o
Silo da Memoria, erguido para
conmemorar os 40 anos da
“Revolución dos Caraveis”, un
cilindro de aceiro con adornos
colorados, que recordan as
frores que a xente colocaba nas
bocas dos canóns, aquel 25 de
abril de 1094.
Ás 8, puntuais, estábamos todos
preparados para que Javier nos
recollera, e emprender o regreso
ó hotel. Esta noite un grupo
grandiño de xente decidiu que
non era bon estar en Portugal e
marchar sen probar o seu famoso
bacallau. E aló foron a un
restaurante onde lles prepararon
un peixe exquisito.
Domingo, 3 de mayo de 2015
De novo o mal tempo. Amaneceu o
día chovendo e griseiro. Despois
do almorzó, saída do hotel para
comenzar o regreso a Foz. Pero,
antes, fixemos dúas paradas. A
primeira foi en Viana do
Castelo, para ver o santuario de
Santa Luzia. A verdade foi que
casi non o puidemos ver por fora,
porque a néboa era tan mesta que
a igrexa parecía unha pantasma
arrastrando os velos brancos.
Por dentro, sí a puidemos ver,
pero non nos animamos a subir ó
cimborrio, porque non íbamos
poder disfrutar da magnífica
vista de Viana e o seu contorno
que, en días bos, se pode ver.
Seguimos viaxe e a segunda
parada foi en Valença de Minho,
na fortaleza. Alí o que mais e o
que menos “picou” nas
innumerables tendas que se
atopan por todas partes:
toallas, manteles, viño, fíos,
figuriñas de galos… En fin , era
imposible non rendir tributo ó
consumismo a pequeña escala.
Xa se acercaba a hora de xantar,
así que, de novo ó autobús para
chegar a A Guarda, que era onde
tiñamos contratada a comida. Xa
estábamos en España, pero aínda
o tempo estaba cuberto e tivemos
que suspender a visita a Santa
Tegra, por causa da néboa. Os
organizadores decidiron que
podíamos ir tomar café a Baiona.
E aquí sí que se nos arreglou o
día. Foi unha tarde preciosa,
con sol e caloriño. A xente
paseou polo muelle, visitou a
cidade vella ou animouse a subir
á réprica da carabela “La
Pinta”, atracada no peirao.
Ás cinco e media arrancamos xa
para Foz, pero aínda fixemos
unha paradiña técnica en
Guitiriz. Chegamos a Foz ás nove
e media, sin que houbera ninguna
novedade. Todos sanos e salvos,
contentos de ter disfrutado da
camaradería de Os Sendeiros.
Ata outro día, amiguiños.
Carmen Beltrán