>
Crónica
Ruta Castro de Fazouro 2021
Para este último Andareiro da tempada, escollemos o roteiro do Castro de Fazouro. Comezamos diante do concello, para dirixirnos cara a Fazouro polas rúas de Foz, na gasolineira collemos unha pista paralela á estrada xeral que nos levará ata o cámping San Rafael, e desde aí continuamos á praía da Pampillosa, pasamos sobre o río Ouro hacia o Castro de Fazouro, facemos unha foto de grupo, repoñemos forzas e damos volta cara a Foz.
Achegámonos ao Portiño de
Fazouro, bordeamos pola costa
ata a área recreativa de entre
pontes, pasamos baixo a vía do
tren e seguindo o camiño
dirixímonos á praía de Peizás,
seguimos o Camiño Natural do
Cantábrico ata Auga Doce, onde
nos desviamos á dereita cara ao
pavillón Torques de Marzán,
continuamos cara á variante de
Foz, para paralelos a ela,
dirixirmonos cara ás letras de
Foz, xunto ao cemiterio
municipal, bonita panorámica do
pobo, ría e a costa ata
Asturias.
Baixamos ata o concello para
poñer fin a este precioso día.
Un saúdo e ata o próximo verán.
Morís.