Crónica

RUTA, CURRO CANDAOSO, PAU DA VELLA, POZO DA ONZA.


A ruta deste mes será por terras do Valadouro, camiñaremos cos nosos amigos do Rebollín de Salas, Asturias.


Xuntámonos en Ferreira, para dirixirnos o punto de saída, o Curro de Candaoso. O día amenceu despexado, o sol, luce en todo o seu esplendor. Tras unha breve explicación de por onde discorrerá a marcha de hoxe, botámonos a camiñar, collemos pola pista asfaltada dirección norte ata o primeiro desvío que colleremos a dereita polo Camiño Real, e así descendendo chegamos a Riobó, báixamos polo vía crucis, uns cabalos que estaban pastando escapan o galope cara abaixo, ollamos as fermosas vistas do val, da coqueta igrexa, e seguimos descendendo ata chegar o río, punto no que comezamos o ascenso que nos achegara primeiro o Coto do Castelo para logo chegar o pico do Pau da Vella, neste punto paramos uns intres para ollar as magnificas vistas, todo o Val do Valadouro, a costa pola zona de Xove e San Cibrao, os cumios do Xistral, e non vemos a costa ata Asturias xa que as cubre un manto de nubes asomando so os picos das montañas litorais. Tras este breve intre seguimos ata o Pau da Vella vértice de concellos, e a carón dun muíño eólico facemos unha parada para tomar algo e repoñer folgos.


Agora comeza o descenso ata o Pozo da Onza a través do val do Rego dos Infernos, é por unha pista ancha e de bo piso, con unha pendente pronunciada, cando chegamos o desvío seguímolo para achegarnos a fermosa fervenza do Pozo da Onza, algúns aproveitan para refrescarse cas súas augas cristalinas, facemos unhas fotos e continuamos a andaina, para así percorrendo as rúas de Ferreira chegar o restaurante O Novo, onde termina o camiño de hoxe, e lugar elixido para facer o xantar de confraternidade.


Un magnifico día, en grata compaña.


Grazas a todos e ata a vindeira andaina.


Morís.