>
Crónica
De O Barqueiro a Estaca de Bares
Nesta ocasión desprazámonos ata a provincia da Coruña, para facer un bonito roteiro costeiro, en concreto o camiño entre O Barqueiro e o faro de Estaca de Bares.
O día preséntase perfecto, nubes
e claros, boa temperatura, fai
un pouco de vento pero na
primeira parte do roteiro
estaremos abrigados, pola
ladeira e o bosque. Comezamos na
parte alta do Barqueiro e imos
percorrendo as súas rúas,
gozando das fermosas vistas da
ría, saímos en dirección A
Fábrica, imos por unha pista
ancha, cubertos polos
eucaliptos. Imos agora en
dirección Espiñeiral, para
seguir ata Vilela, continuamos
ata Campelo e xusto á altura da
estrada local desviámonos á
dereita e comezamos a descender
cara á praia de Bares, a cal
bordeamos para chegar ao porto
de Bares, onde faremos unha
parada técnica para tomar algo e
repoñer forzas, é o momento que
algúns aproveitan para mollar os
pés na auga da praia.
Desde aquí subimos a Bares, para
logo baixar ata o faro que esta
xunto aos restos da base
americana. Facémonos unhas
fotos, con certa dificultade,
polo vento que sopra. Subimos ao
bus e dirixímonos ao
restaurante, será en Loiba, no
Galeón, onde fagamos a comida de
confraternidade, como sempre moi
rica e abundante.
Rematada a mesma collemos o bus
e de regreso a casa.
Grazas a todos e ata a próxima.
Un saludo.
Morís.