Crónica
RUTA MELENDREROS - FUENSANTA
Nesta ocasión
tócanos viaxar a terras
asturianas, para da man dos
nosos amigos do MIES de Oviedo
camiñar xuntos, escolleron un
roteiro pola zona de Nava.
Atopámonos con eles en Nava, tomamos un café e dirixímonos ao lugar de partida do roteiro de hoxe, Melendreros, baixamos dos buses , equipámonos, facemos a foto de grupo rutineira e comezamos a camiñar, o día está perfecto, moi boa temperatura, non chove e non fai vento, toca subir en dirección a Fayacaba, onde se atopa un albergue, pasaremos entre dous picos o Fueyu e o Oruxu, desde este punto temos unhas magnificas vistas, fermosa panorámica. Seguimos camiñando cara a Les Praeres, famoso lugar por ser final de etapa da volta ciclista a España en 2018, hai un bar, paramos a repoñer forzas tomando algo e de paso gozando da cerva Bambi.
Agora o grupo divídese en dous,
un subirá ao pico Varallonga e o
outro seguirá dirección ao Mayau
o Pastor, os que subimos imos
facendo zetas para gañar altura
e chegar á cima, desde ela vemos
ao outro grupo bordear a
montaña, tamén temos unha
panorámica 360, impresionante,
vemos a costa, os Picos de
Europa, a zona de Somiedo, xa
hai neve nas cimas máis altas.
Facemos unha foto de grupo dos
que fixemos cume e comezamos a
descender, pasmos por unhas
paraxes moi bonitas, fragas de
haxas, e dirixímonos ao encontro
do outro grupo, ao Mayau o
Pastor.
De novo volvemos separar en
dous, uns baixaremos pola Foces
do río Pendón e os outros irán
por unha pista ata Fuensanta. O
descenso ás foces é por un
camiño rodeados de vexetación,
que descende serpenteando para
ir perdendo altura dunha forma
mais cómoda, o descenso forte
termina ao chegar ao río Pendón,
cruzamos a ponte e seguimos
baixando por un bosque fermoso
de castiñeiros, haxas e toda
unha serie de árbores e arbustos
tapizados de brión. Ao principio
esta foz é moi angosta e entra
pouca luz, pero a medida que
imos descendendo alárgase e
entra máis claridade. E así paso
a paso chegamos onde está a
planta embotelladora de augas de
Fuensanta, onde nos esperan xa
os que baixaron pola pista.
Despois de cambiarnos de roupa
dirixímonos en bus ao
restaurante onde terá lugar a
comida de confraternidade, tras
as sobremesas entrégannos unha
placa como recordo da visita, e
a dúas dos nosos socios un
detalle doce para compensarlles
o desgusto que levaron cando nos
visitaron en Foz.
Grazas amigos do MIES polo día e
o trato que nos dispensastes e
ata o ano próximo.
Un saúdo.
Morís.