Crónica

V ENCONTRO AS MARIÑAS


Neste domingo, dirixímonos cara terras coruñesas, concretamente a Orro, alí os nosos amigos da asociación Pedrosa, organizan un encontro.
Dannos a benvida cun café, o día é espléndido, luce o sol e non temos vento.


Unha vez pronuncian unhas verbas de presentación, da inicio a marcha, saímos camiñando polas rúas de Orro, pasamos por riba da autoestrada e comezamos a andar por camiños de monte, subimos e baixamos, pasamos sobre o gaseo ducto e chegamos a unha vía de tren abandonada, a través dun túnel da antiga vía férrea pasamos baixo autoestrada, seguimos camiñando sobre a grava da vía ata o avituallamento, neste punto repoñemos folgos para seguir camiñando.


Agora collemos camiños de monte que de novo nos levan a vía abandonada, da cal pasamos dous túneles mais, voltamos a camiñar polo monte ata as inmediacions da antiga estación de Bregua, onde dannos unha botelliña de auga, e os que quixemos fomos ata estación, hoxe un bar, onde tomar algo de cara o tramo final da ruta.

 IMG_20150517_121123  IMG_20150517_105233  IMG_20150517_105753  SAM_4960


Unha vez en Orro, no local da asociación, tivemos o xantar de confraternidade, entre todos os participantes, chegados ata aquí dende Asturias e Galicia.
Un fermoso día de amizade e camaradería, moitas grazas os organizadores polo bo traballo.


Coma aínda quedábannos forzas, fomos rematar o día dando unha volta pola cidade dá Coruña. Vimos vos sialeiros do deportivo camiño do estadio, para loitar pola permanencia, bañistas na praia de Orzan e Riazor, gozando dá boa temperatura e do sol, e durante un anaco mesturámonos ca xente que enchía ás rúas no ámbito de María Pita.


Un saúdo e ata a vindeira ruta.
Morís.