Crónica
Despois de tantas festas onde seguramente nos
pasamos un pouco coas comidas, ceas e algunha que outra copa de máis, Os
Sendeiros xa tíñamos gañas de facer unha camiñada. Pois nada,
formamos esta vez o grupo 37 compoñentes, o venres íamos apuntados 45
pero a gripe non perdoa e, o grupo foi menor.
A saída ás 9,30h. en punto partimos a terras de Ribadeo,
pasamos a Vila achegámonos pola estrada da Veiga, e a uns 100
metros despois do cruce da estrada a Reme baixamos do autobús.
Eran ás dez e media cando partimos pertrechados
coas mochilas, paus, e chuvasqueiro por unha pista asfaltada en pequena
ascensión, dende ela, gozamos dunha panorámica impresionante da ría de Ribadeo,
no alto, imos a dereita por un sendeiro que vai a interior da fraga de
Reigosa. As nubes tiñan unha cara de poucos amigos e con ameaza de
choiva, coma sempre, a medida que vamos camiñando comeza o calor nos
corpos, pero mentres uns soltan roupa, outros máis precavidos pensan en
poñer o chuvasqueiro.
A ruta non está sinalizada,sen limpar e chea de polas de
árbores tiradas no chan. A verdade que e unha verdadeira pena que se
promocionen estas cousas e cando chegas ao lugar vexas un total abandono.
Pero sigamos ao noso. Temos baixadas, subidas, algúns resbalóns, choiva,
e así vamos levándoo, disfrutando tamén de fermosas praderías ben
coidadas ata chegar a beira de río Grande para saír a ponte de
Acea. Cruzamos o río e un pouco máis adiante cruzamos polo medio do
monte, e xunto a un dos moitos muíños que hai facemos unha paradiña
para reagruparnos e repoñer forzas.
Algúns xa ían algo cansos, máis que pola
dificultade da ruta era a resaca da cea de carnavais do día anterior,
seguimos a senda e unha pequena pendente achéganos cara a Reme
de Arriba ata atopar un camiño a esquerda que volta ao río, vamos
comentando as nosas cousas diarias, a choiva ía cada vez a máis e
facíase complicada a camiñada, pero nós seguimos pouco a pouco, o
camiño sempre preto do río, continua pasando unha ponte que ao lado esta
"A Pena tallada", pena que da nome a unha asociación
de sendeirismo de Ribadeo.
Algo cansadiños vamos deixando o río Grande a
esquerda cada vez máis lonxe, e pasamos pola escola de As
Anzas, receen restaurada para un centro cultural. Un desvío a
dereita vai atravesando a estrada Reme-Vilamar ata o río pequeno
no lugar do O Carboeiro. Seguimos polo medio de bosques cos
chuvasqueiros ben mollados, pois a choiva era o noso fiel compañeiro,
nesta zoa pódese gozar de fermosas fincas, ben coidadas e traballadas.
Neste derradeiro percorrido e chan ata chegar ao final da ruta na
parroquia de Ove. Era a unha e cuarto cando chegamos.
Nesta parroquia de Ribadeo
estaba esperando o autobús, algúns cambiaron a roupa mollada, e de novo
todos no autobús fomos a tomar uns viños ó restaurante A Pena,
na parroquia de Cubelas,
alí xa houbo máis que outro comentario, risos e, algún "cantarin"
se puido oír. Despois de alegrar as gargantas, co caldo do deus Baco, de
novo en marcha vamos camiño da parroquia de Remourelle
para xantar. A estas horas o tempo érache infernal, choiva moi forte e os
ventos fuxían a gran velocidade. Corroendo dende o autobús ata
"A Taberna de Lola" na busca de teito.
A taberna e pequena par acoller a todo o grupo, a dona
deuse conta asina e abreu o comedor para poder abrigarnos. O lugar e
enxebre, moi de aldea, con calor humano, boa xente, presaxiaba o que
despois ocorreu. Unha vez todos dispostos cada un na súa cadeira,
comezamos con sopa de cocido, xa tíñamos alvidado os pesares que
habíamos pasado, entre riso e riso e charla, chegaban uns manxares
deliciosos de auténtica calidade, carne
o Caldeiro, lacón
cocido, chourizo, Grelos, Garbanzos, Patacas, e os postres, ¡¡ madre
miña que postres !!, requeixón,
arroz
co leite, torta
de queixo. Na sobremesa sirviouse café e licores, acompañada toda
ela co cánticos
dos carnavais, contos e, coma a sempre o ben ambiente que sempre hai
entre todo o grupo.
Eu me pregunto moitas veces o que se perde a xente
que non disfruta destes momentos con nosco. Algunha vez será. Darlle as
grazas a Lola pola súa boa comida e que siga sempre así.
Ás cinco e media dimos por rematada o xantar, e sobre ás
seis chegamos a Foz
e seguía chovendo.
Un saúdo
JoséLuis
|