Crónica
O encontro da amizade
De novo Os
Sendeiros fomos invitados
polos nosos amigos da “Pasada
das Cabras” de Burela a
pasar unhas horas xuntos.
Ás 11 da mañá comezamos dende a
praza da Mariña o percorrido,
non sen antes facer a foto do
grupo que integrábamos os
camiñantes. De Navia, Xove, Foz
e de Burela formábamos un grupo
dunhas 200 persoas que íamos a
facer a aventura.
O pelotón parte camiño da praia
urbán de Burela lugar que non
fai tantos anos era un recuncho
soamente para o baño. Un fermoso
paseo e bonitas terrazas forman
un estilo do máis puro verán.
Seguimos a ruta polo paseo a
beira do mar que nos vai
achegando a praia A Marosa, que
xunto as instalacións deportivas
fai un lugar de encontro para
pequenos e maiores ben para
tomar o sol o facer deporte.
Hoxe precisamente era un xentío
de xente o que neste lugar
había. Sendeiristas, nais e pais,
felices vendo a os seus cativos
xogando o campionato de fútbol
que temos ano trás ano na nosa
mariña de Lugo. A ruta segue
pola estrada Burela – San
Ciprián para a os poucos metros
coller a senda en suave subida
que nos vai achegar as primeiras
casas da vila do medio, e
levándonos entre eucaliptos por
un sendeiro cada vez máis pesado
primeiro polo calor que facía e
a costa que tíñamos diante.
Na subida coma sempre a grupo ía
estirado cada vez máis e as
suadas eran boas soamente
bastaba ollar as faces da xente.
A alegría de todos modos non
faltaba.
Este encontro e cómo di o
titular da crónica, de amizade,
de ano a ano volvemos a vernos
xente coñecida que si non fora
por estas xuntanzas seria moi
difícil poder ter unhas horas
desta fermosa compañía.
Encaramos o derradeiro tramo
tomamos un grolo na fonte que
temos a beira da estrada e para
área do Monte Castelo, ¡¡¡uf!!,
por fin chegamos. De verdade que
a subida e forte.
O Monte Castelo e un área
recreativa fermosa, ten unha
bonita capela na Honra a Virxe
das Marabillas. Unhas vistas
fermosas. Podemos recrearnos co
mar e coller coa man o
pobo de Burela, ben coidada,
bancos, mesas, en fin un lugar
para pasar un bo día en familia.
Na chegada a organización ofrece
a os camiñantes
cervexa, refrescos, empanada
que agradecemos moito pola sede
e fame que tíñamos algúns. Eran
as dúas e había que esperar ata
a media para o xantar, mentres,
as conversas, as dixitais, as
bromas non paraban de facer as
anécdotas do día.
O día era espléndido para a
xuntanza, unha carpa ampla
tíñamos para o xantar, a hora en
punto abriu as portas e
sorpréndenos as mesas ben
presentadas para facer máis
agradable a reunión:
Empanada de carne,
Polbo con cachelos,
xamón cocido,
churrasco,
chourizos, todo elo regado
co bo viño da terra, de postre
milfolla, café e chupito, e de
remate baile amenizado por un
grupo que nos deleitou con
rumbas, pasodobres, cumbias, que
ninguén quedou sen botar uns
bailes.
Por iniciativa do presidente
Santos de Peña Furada, se nos
invito a unha posibilidade de
facer un hermanamento entre Os
Sendeiros, Pasada das cabras e
Peña Furada, os tres presidentes
diante dos seus socios fixemos
votos para que algún día se
fixera realidade.
Entre cumbia e rumba a
organización ofreceu unha gran
queimada que se queres animaba
máis a bailar a xente.
Coma podedes ver foi un gran día
de sendeirismo e compañerismo
que pasamos no Monte de Castelo
de Burela.
Felicitar a os compoñentes do
grupo Pasada das Cabras de
Burela por facer que pasáramos
un día tan agradable. GRACIÑAS.
Áseis e media Os Sendeiros de
Foz dimos por rematada a xornada,
e creo que o pasamos pero que
moi ben.
Vémonos o ano que ven.