Crónica

Ainda que eran as sete da mañá, un pouco cedo para levantarse un Domingo de Ramos, o andadeiro mereceu a pena por moitas razóns, distinta vexetación e distintos poboamentos , coñecimos unha nova paisaxe para camiñar.
En silencio e medio durmidos pasamos de Galicia a Castela cruzando os vellos Montes de León, tomamos un café en Vega de Valcarcele, e xa ben espertos, fomos vendo como todo cambiaba ao noso redor , estábamos ante grandes horizontes e vastas superficies monótonas só ocupadas por sementaduras, vides e barbeito ata chegarmos a Valdevimbre, pequeño pobo a 22 quilómetros de León, donde comenzamos a camiñar baixo un bo sol.
A ruta era moi sinxela, unha inmensa chaira de vides, trigo, unha devesa con ovellas , algunha sobreira e aceñeira e pequenas agrupacións de casas case todas pechadas a cal e canto, fuxindo do sol, cruzadas por camiños.

Ruta do Viño de Valdevimbre (León) Ruta do Viño de Valdevimbre (León) Ruta do Viño de Valdevimbre (León) Ruta do Viño de Valdevimbre (León)

A primeira parada de agrupamento fixémolo nun pobo pequeño, Palacios de Fontecha, foi un agrupamento singular, fomos ver unha adega. Case por a man levounos Restituto, o dono, que xunto ao seu fillo foron unha amable guía, ademais de ensañarnos a súa adega convidouos a probar a seu viño, natural, sen conservantes nin corantes, froito da uva da variedade autóctona “prieto-picuda” e levaronos a súa cova, un soto subterráneo donde preparaban a uva ata chegar a viño noutros tempos, alí tamém probamos o seu chourizo, olivas e veña máis viño. Levábamos xa as forzas ben repostas cando tras despedirnos agradecendo o convite ao noso anfitrión, Restituto e ao seu fillo, volvemos ao camiño, pero ao pouco , outro grupo de casas, Villagallegos, ventás e portas novamente pechadas por o sol que abrasaba pero a bodega Itariegos si estaba aberta. Outa vez xuntamonos e coa disculpa de ir ao baño, probamos o viño, a limoada, os callos e a tortilla e volta a camiñar e o sol queimaba.
Ahora todo era camiño diante nosa por unha terra parda, queimada , que se nos amosaba coma un mar infinito só roto por pequenas construcción a modo de almacéns ao lonxe e a carón de depósitos para recoller a auga. Os de diante se volvían a cabeza non lles facia falla usar o móbil para saber donde estaban os últimos, como nos pasa por aquí, vides ao fondo, devesas e extensa planices de páramos ata as 2,30, que nos recolleu o autobús para levarnos a comer máis sudoros e polvorentos que cansos.

Ruta do Viño de Valdevimbre (León) Ruta do Viño de Valdevimbre (León) Ruta do Viño de Valdevimbre (León) Ruta do Viño de Valdevimbre (León)

Xantamos nunha adega-restaurante das tantas que hai por alí, a Barroco, estas adegas son unhas aberturas a modo de covas ou sotos forrados de adove como case todas as construcción da zona, que nun principio eran usadas para facer o viño e mantelo fresco e ahora úsanse como restaurantes. No Barroco , ademais do bo trato, ata nos encenderon a calefacción , a comida foi formidable a pesar de que algúns votaron el falla as patacas e ainda están ahora esperando por elas. Este xantar resarceunos á maioría, non sempre se pode comer un bo cocido leonés. Despois dunhas parrafadas e visitar a adega do lado, a San Simón, semellante a donde xantamos, emprendemos a viaxe de volta pero con parada en Astorga para estirar as pernas ante tres horas de viaxe e mover un pouco o cocido. Paseamos por diante da catedral e do pazo arzobispal, obra de Gaudí, compramos as típicas mantecadas e o famoso chocolate, pero ainda quedaba unha sorpresa moi grata tras “ver” e “oir” aos maragatos dar as seis no reló do concello, vimos o paso dunha procesión, un vía crucis, ao son da Marcha Procesional do  Antigo Reino de Galiza tocado por un grupo de gaitas. Parece que ainda nos lembran. É moi reconfortante.


Ahora si, xa nos imos cara a casa, cansos pero despois dunha moi agradable xornada, distinta pero grata.
Vémonos.

Cármen Fernández