Crónica

RUTA FERVENZA RIO BELELLE

Neste primeiro roteiro do ano, dirixímonos a terras ferrolás, faremos o tramo medio do río Belelle, terminando a marcha na fervenza, que hai á beira da central eléctrica.


Iniciamos a camiñada en Barbela e descendemos o curso do río por unha senda moi cómoda de camiñar, que nos permite gozar dunhas fragas moi fermosas, dunhas augas cristalinas e do seu rumor, conseguindo unha relaxación marabillosa. O día está perfecto para camiñar, non chove, a temperatura esta fresquita, o que anima a camiñar. Atopamos nesta `primeira parte un precioso muíño restaurado, rodeado dun bosque precioso e uns rápidos no río que fan o sitio ideal para unhas fotos bucólicas, cruzamos a ponte e seguimos a marcha. Así chegamos á área de descanso á beira do río, na entrada a Formariz, lugar que aproveitamos para repoñer forzas tomando algo. Seguimos a marcha gozando da paisaxe, da vexetación e o río, dos restos de muíños e de muíños restaurados e chegamos a Vrea, onde espera o bus para os que estean un pouco tocados, aí nun precioso muíño restaurado atopamos un crocodilo.


Cos que quedamos comezamos a segunda parte do roteiro de hoxe, onde o río vólvese máis salvaxe e bravo. Seguimos gozando da paisaxe, que cada vez o rio tórnase máis bravo, chegamos á presa, e seguimos descendendo agora á nosa esquerda discorre a canle que leva a auga á central eléctrica e á nosa dereita as augas bravas do Belelle, preciosos rápidos, rumor moi pracenteiro das súas augas e uns bosques preciosos de árbores autóctonos, cargados de brión de diferentes tipos e tonalidades de verdes. Nalgún punto, temos unhas vistas desde as alturas, deste fermoso val, espectaculares. Deste xeito chegamos ata as zetas de descenso ao Belelle, coas que salvamos os 200 m de desnivel que hai ata o río, á altura da central desviámonos á dereita para poder admirar no seu máximo esplendor a fervenza do Belelle, como non, fotos e vídeos para inmortalizar o momento. Desde este punto camiñaremos kilometro e pico ata o aparcamento onde está o bus, subímonos e diriximos ao restaurante onde imos comer, Casa Toñita nas Neves.


Bonito día e precioso roteiro, grazas a todos por facela posible, e dar a benvida aos novos membros desta familia de camiñantes que neste roteiro estreáronse.


Un saúdo.


Morís.