CRÓNICA
O encontro da amizade
De novo Os Sendeiros fomos invitados polos nosos amigos da “Pasada das Cabras” de Burela a pasar unhas horas xuntos.
Ás 11 da mañá comezamos dende a
praza da Mariña o
percorrido, non sen antes facer
a
foto do grupo que
integrábamos os camiñantes. De
Navia,
Xove,
Foz e de
Burela formábamos un grupo
dunhas 200 persoas que íamos a
facer a aventura.
O pelotón parte camiño do porto
á beira da “Moncloa”
lugar que antigamente foi a rula
do pobo e hoxe é punto de
encontro dos mariñeiros onde fan
as súas tertulias e de seguro
algunhas conclusións boas saen
delas.
Seguimos a ruta collendo a
dereita unha
escaleira un pouco empinada
que nos achega ás primeiras
casas para ir levándonos a un
fermoso paseo cunhas vistas
fermosas do
grandioso porto, os
asteleiros de Armón e o
inmenso mar co seu coqueto
faro no medio. O paseo vai
pola parte baixa de Burela á
beira do mar e, achéganos a zona
residencial
O Cantiño, tendo como fondo
as praias da
Areoura e
Alemáns do
concello veciño de Foz que
fan unha paraxe moi bonita.
O paseo pon fin no
Perdouro e aquí
cruzamos a estrada xeral
N-634, tomamos unha senda
paralela á circunvalación e
pouco a pouco lévanos polo medio
do monte que ten uns repeitos
máis ben duros que a min faime
ter que tomar alento máis de
unha vez. O camiño nalgúns
tramos estaba algo desfeito
polas riadas das últimas semanas
e o camiñar faise dificultoso,
pedras soltas, ramas, etc..
Na subida coma sempre a grupo
íase estirando cada vez máis e
as suadas eran boas, soamente
bastaba ollar as
faces da xente. A alegría de
todos modos non faltaba.
Este encontro e cómo di o
titular da crónica, de amizade,
de ano a ano volvemos a vernos
xente coñecida que si non fora
por estas xuntanzas seria moi
difícil poder ter unhas horas
desta fermosa compañía.
Encaramos o derradeiro tramo moi
empinado en forma de escaleiras
para tomar a
área do Monte Castelo,
¡¡¡uf!!, por fin chegamos, de
verdade que a subida e forte e
coma di un amigo meu “Fai que as
pernas traballen”.
O Monte Castelo e un área
recreativa fermosa, ten unha
bonita capela na Honra da Virxe
das Marabillas. Unhas vistas
fermosas, podemos recrearnos co
mar e coller coa man o
pobo de Burela, moi ben
coidada, bancos, mesas, en fin
un lugar para pasar un bo día en
familia.
Na chegada a organización ofrece
a os camiñantes cervexa,
refrescos, empanada que
agradecemos moito pola sede e
fame que tíñamos algúns. Eran as
dúas e había que esperar ata a
media para o xantar, mentres, as
conversas, as dixitais, as
bromas non paraban de facer as
anécdotas do día.
O día era espléndido para a
xuntanza, unha carpa ampla
tíñamos para o xantar, a hora en
punto abriu as portas e
sorpréndenos as mesas ben
presentadas para facer máis
agradable a reunión:
Empanada de carne,
Polbo con cachelos, xamón
cocido todo elo regado co bo
viño da terra, de postre
torta de Santiago, café e
chupito, e de remate
baile amenizado por un grupo
que nos deleito con rumbas,
pasodobres, cumbias, que ninguén
quedou sen botar uns bailes.
Entre cumbia y rumba a
organización ofreceu unha gran
queimada que se queres animaba
máis a bailar a xente.
Coma podedes ver foi un gran día
de sendeirismo e compañeirismo
que pasamos no Monte de castelo
de Burela.
Felicitar a os compoñentes do
grupo
Pasada das Cabras de Burela
por facer que pasáramos un día
tan agradable. GRACIÑAS.
Vémonos o ano que ven.
José Luis