Crónica

 

Sábado, 11 de xullo Ruta “ O Carme - A Frouxeira”

Outro ano máis OS Sendeiros emprenden os andareiros dos sábados.
Iste día saímos ás 9 da mañá, coma e costume diante do concello, preto de 40 persoas de distintas idades formamos o grupo, unha vez agrupados partimos en bus ao punto do inicio de ruta na capela do Carme en San Martiño.
Asiña preparamos a andaina para acometer o reto que nos plantexaron os organizadores que non era ni máis ni menos subir a Frouxeira, refuxio do Mariscal Pardo de Cela. Pero vamos polo principio. O día foi espectacular, cun ceo despexado e unha temperatura ideal para a caminata. Pasamos pola área recreativa do lugar para seguir por unha pista en costa que a mesmo tempo fainos disfrutar do val que forma Santa Cilla, e que nos levaría ao lugar da Hermida. Librando uns e outros obtáculos polo medio do monte que nos ofrecía o camiño, vámonos achegándonos A Frouxeira polos mesmos pasos que algún día foron os das huestes do Mariscal, aló polo xéculo XV.

 20150711_102753  IMG_20150711_103014  DSC_0517  DSC_0518


A Frouxeira e un lugar necesario visitar algunha vez, tanto pola súa historia, coma por o encanto das súas vistas que podemos ollar. O gran val de Valadouro, Santa Cilla, mar. Unha gran balconada para mergullarse nun gran espectáculo de natureza viva.
Despois do disfrute destas grandiosas vistas seguimos o camiño pola outra beira costa abaixo, e coller o bus que nos achegará a Foz.

 

Sábado,18 de xullo Ruta “ Fontao – Lugar do Xisto – Fazouro”

Segunda andaina dos sábados que Os Sendeiros nos ofrecieron a os preto de 50 andareiros que formamos esta vez ao carón do concello.
Lévannos en bus ata o lugar de Fontao, barrio de fazouro, preto do Pazo do Conde de Fontao.
Aquí, por un bonito sendeiro ao lado do Pazo iniciamos a ruta. Uns frondosos castiñeiros foi durante toda a subida os nosos compañeiros que ao mesmo tempo facilitábamos a subida polas boa sombra que facian. No alto cruzamos diversos montes de eucaliptos por pistas forestais que nos ían levando ata chegar ao lugar do Xisto en Cordido. No sin antes librar algunas subidas duras, e tamén alguna baixada que se agradecía para o noso alivio. O día era dun sol de xusticia. Despois dun merecido refrixeiro, seguimos o camino en subida que nos deixaba ollar unhas magníficas vistas da parroquia de Cordido.

 SAM_5113  20150718_123017  SAM_5090  IMG_20150718_092556


Unha vez alcanzado o alto do camiño, seguimos polo chao entre pistas forestais que nos achegarían ao barrio de Lousada en Fazouro. No alto do barrio , antes de chegar a capela, temos unhas impresionantes vistas da Parroquía de Fazouro, Foz, Barreiros, e o mar, incluso en días despexados ollamos a punta de Tapia de Casariego en Asturias. Se queres disfrutar a la vez de paz e relax, non perdas de visitalo.
O remate da ruta fixémolo na area recreativa da “ ponte de ferro” ao carón do río Ouro.
E coma sempre sacamos a foto de grupo para o recordo do día.

“ Que decir, pois o que a maioría decía, uns sábados de distintos a os do resto do ano, e que grazas a estes encontros, coñecemos un pouco máis Foz”.

Grazas Sendeiros.