Crónica
Con tempo apacible partimos de Foz as 8 da mañán un grupo de 24
sendeiros a comermos as Fraga do Eume.
Ao comezo da subida da Xesta, atopamos néboa e unha fina choiva
envolvía a mañán. Decir tamén que foi a primeira vez que non
levábamos a nosa número un, Ana, como guía; e non cabe dúbida que se
notaba o seu vacío. Esta vez o traballo foi moi ben feito por Seli, e a
verdade é que o realizóu como unha grande veterana do sendeirismo.
Chegamos sobor das 10:30 h. ao bonito pobo de Pontedeume, a
carón do Río Eume. Tomamos a estrada que nos acercará a Monfero,
no límite oriental da provincia de A Coruña. Polas suas terras pasan
varios arroyos e ríos, sendo o máis importante o Eume. A choiva seguía
sin abandonarnos, baixamos do autobús a tomar un café mentras esperamos
a que as portas do Mosteiro de Santa María de Monfero se abran
para facerlle unha visita. De novo retomamos o camiño e facer a visita
ó mosteiro que data do século X, sufriu ataques dos Normandos, sendo
reconstruído no ano 1134 a iniciativa do rei Alfonso VII. Os primeiros
moradores foron os monxes da orden de San Bieito, para máis tarde no ano
1147 ser ocupado polos da órden Cisterciense, vindos do Mosteiro de
Sobrado dos Monxes. Este Mosteiro ten unha fachada moi singular, seméllase
a un taboleiro de xadrez con catro enormes columnas; no seu interior conten
varios sepulcros, como o de Freire Andrade, un gran coro e unha gran
cúpula. Preto do mosteiro, a uns 2 km, ao lado do camping de Monfero,
atópase a senda que nos levará á Fraga do Eume. Eran as 12 da
mañán. A senda lévanos por unha pista e adéntranos por un sendeiro en
constante baixada durante unha hora e media ate chegar ó río Eume, donde
nos agrupamos nunha ponte de madeira. Había algunha que outra queixa da
baixada. Muslos, rodillas... bastante cansos. Neste lugar fixemos unha
fotografía do grupo e continuamos a marcha pola beira do río, metidos
entre a impresionante fraga: amieiros, carballos, felgos, etc. Así
durante 2 horas, ate chegar a unha zoa preciosa ao lado do río, por
debaixo do Mosteiro de Caveiro. É eiquí onde facemos o xantar de
medio día. Xa eran as duas da tarde e a fame e o cansanzo facían mella. |