Crónica
DESCENSO EN PIRAGUA DO RÍO SELLA
Un ano máis nos achegamos a Arriondas, para baixar en piragua o río Sella, é algo moi estrañado, xa que o pasamos xenial, é un día de festa.
Tócanos madrugar para chegar ao
lugar da partida. O día está
entre nubes e claros e fai moi
boa temperatura, o que nos fará
moi agradable o descenso.
Baixamos do bus, cambiámonos e
equipamos, dannos a charla
técnica e imos ao comezo do
tobogán polo que descenderemos
ata a canle do río. Comeza a
diversión, risos, berros,
empezamos a remar. Imos
sorteando os rápidos, nos
chiscamos, hoxe hai moitas
piraguas na canle, o que nos
permite establecer conversación
con moitas persoas diferentes.
Imos parando nos chiringuitos
para tomar uns culines de sidra,
descansar e mollarnos un pouco.
Despois de superar a metade do
percorrido paramos nunha praia
para comer o picnic que levamos
nos bidóns estancos, para así
afrontar a última parte do
descenso con enerxía.
Terminaremos o descenso na ponte
de Llovio, alí desembarcamos,
recóllennos o material, subimos
ao autobús e achégannos ás
instalacións da empresa para
darnos unha ducha e cambiarnos
de roupa.
Un día marabilloso cunha
actividade divertida e
diferente.
Un saúdo.
Morís.
