>  

 

Crónica

Ruta PR-G98, Canon do Sil, Parada de Sil

Esta segunda proba da liga de sendeirismo de Galicia, terá lugar en Parada de Sil, por iso decidimos ir o día antes e facer noite en Castro Caldelas, e así non ter que madrugar.


Concentrámonos diante do concello, senderistas chegados de toda a xeografía galega, selamos os pasaportes, facemos unha foto de grupo e comezamos a camiñar. Imos percorrendo as rúas de Parada, gozando dos seus encantos, atravesando fermosos soutos, ata chegar ao campo de futbol, onde podemos ver unha trampa para cazar lobos, seguimos cara ao primeiro balcón deste roteiro. Desde el temos unhas vistas impresionantes deste canón do río Sil, vemos ata Cabeza de Manzaneda, tamén observamos Monforte, distínguese perfectamente a silueta do seu castelo, abaixo no fondo do canón, sobre as augas, un catamarán turístico facendo o seu percorrido. Sacamos unhas fotos e continuamos, cara á seguinte atalaia desde a que ter outra perspectiva. Imos camiñando entre carballos, castiñeiros e madroños, o cal fai un camiñar moi agradable e cómodo. Pasamos xunto a Portela e seguimos en dirección ao mosteiro, esta zona está aterrazada para sacar rendemento aos castiñeiros que hai nesta ladeira.


Chegamos ao mosteiro de Santa Cristina, admiramos a súa arquitectura e aproveitamos para comer algo e repoñer forzas. Desde aquí toca subir, primeiro pasamos por Castro e seguimos subindo, chegamos a unha aldea abandonada, coas súas casas medio derruidas, o camiño é á sombra de carballos e castiñeiros, co chan tapizado polas follas caídas o outono pasado. E deste xeito chegamos ao lugar de partida para poñer fin ao roteiro de hoxe.


Quitámonos un pouco a suor e imos ao restaurante ou Curtiñeiro, para gozar dunha rica e abundante comida caseira.
Precioso día en boa compañía.


Un saúdo e ata a próxima


Morís.