Crónica
BELEN DE CUMES 2015
Este ano facemos
a ruta do Belén de Cumes o
sábado 19 pola tarde, xa que o
día seguinte celebrase eleccións
nacionais. Non fumos moitos,
quizais pola data escollida que
non é a habitual, domingo de
mañá.
Saímos as tres e media da
explanada da Capela do Bispo
Santo, lugar elixido para facer
a foto de grupo, xa que como
sopla tanto o vento, parécenos o
sitio mais axeitado, cara o
cumio escollido para hoxe, O
PICO DA LEBRE.
Saímos pola estrada que vai ata
Santa Cilla, somos un grupo
pequeno, de nenos e maiores, que
ledicia ver rir o nenos e nenas,
cantar e xogar, fan a ruta mais
alegre. Cando chegamos a
canteira paramos para agruparnos
un pouco, de xeito que este
derradeiro treito por pista ata
o cumio o fagamos mais xuntos.
Axiña acadamos o cumio, o
vértice xeodésico, uns instantes
para facer fotos e abraiarse cas
espléndidas vista da comarca que
ofrece. todos votan unha man
para achegar pedras cas que
facer un pequeno fortín que nos
protexa o belén que imos deixar
aí, que este ano medrou bastante
cas figuriñas que cada un
aportou, anima ver como os mais
pequenos axudan a montar o
belén.
Tras esta tarefa, no medio da
pista brindamos polas festas,
polo ano novo, pola saúde e
polos que hoxe non nos puideron
acompañar, picamos algo, e
cantamos unhas panxoliñas.
Dende aquí descendemos pola
pista que se dirixe cara o
mirador do pico da lebre,
mentres camiñamos seguimos
disfrutando das fermosas
panorámicas que se presentan, e
así pasiño a pasiño chegamos de
novo ata explanada da Capela do
Bispo Santo, alí repartimos
unhas lambonadas e despedímonos.
Gracias a todos por facer tan
entrañable a derradeira ruta do
ano, e alegrar o inicio do
Nadal.
Gracias os voluntarios de
protección civil, que unha vez
mais e de forma desinteresada,
fixeron que as rutas foran moito
mais seguras para os que
participamos nelas.
Bo Nadal a todos.
Morís.
Preciosa tarde a que pasamos
hoxe nesta marcha navideña na
que nos acompañóu un vento
forte, intenso e musical que o
colarse po lo medio
dos árboles iba compoñendo unha
música que semellaba unha
orquesta sinfónica.
Montamos un Belén pequeno pero
cariñoso e despois de tomar
unhassidras cantamos un fermoso
villancico no que as voces dos
nenos que
nos acompañaron emularon ós
"niños cantores de Viena".
Quedamos para o Belén de cumbres do 2016.
Bon Nadal a todos.
Jesús Oroza Vila.