Crónica

A ruta das igrexas

Os Sendeiros de Foz tomamos este mes o rumbo do interior da provincia de Lugo máis en concreto ao concello de Castroverde.
Para elo saímos de Foz as oito da mañá coa ameaza da choiva enrriba de nos. Non pasa nada decían uns, outros tamén falaban que ía a chover pero despois do mediodía, en fin os comentarios de sempre, cada un arrima a onde máis lle convén.


Saímos ao carón de Lourenzá para coller a estrada que nos levará polos concellos ganadeiros de A Pastoriza, Meira, O Cádavo para despois dunha hora e media chegar a Castroverde. Situada na cume dunha colina, sobre as ruinas dun antigo castro, ollamos o Castelo de Castroverde. Este Castelo tamén chamado Torre da Homenaxe o podemos contemplar dende calquer parte do pobo. O Castelo e unha antiga fortaleza do século XIV, perteneceu a D. Álvaro Pérez Osorio duque de Aguiar e conde de Villalobos pola doación de Henrique II. Deste antigo Castelo, só queda en pe as ruinas da antiga muralla, e a torre do homeaxe.


Ao redor das nove e media chegamos e non podía fallar o ritual de sorber un bo café que a cafetería Pereira 2 sorpréndenos co uns churros recen feitos e unas madalenas recheas de chocolate que relanbíanse os dedos. Un dez para o ritual.
Desprazámonos no autobús coma un quilómetro na estrada PR -16-11 onde estaba o cartei de información do comezo da ruta. Ao lado do mesón, hoxendía pechado ao público.


Unha vez todos ben equipados : Gorros, guantes, chuvasqueiro, etc.. facemos a foto do grupo coma fondo o Val do río Tórdea. Darlle as grazas a Manolo Muñiz e o seu compañeiro Silvino pola súa boa disposición con nós.


Eran as dez cando emprendemos a caminata na dirección a Pereiramá , a os oitocentos metros tomamos un sendeiro a dereita moi ben sinalizado que adéntranos a natureza camiño da parroquia de Espasande pouco antes pasamoos pola fonte de Neira que según conta a lenda ten certo embruxo, chegamos ao pequeno burgo de fermosas casas de pedra moi sólidas e o seu fermoso Atrio – cemiterio xunto do templo.
Foi célebre nos últimos séculos polo seu liño, excelente, que o manufacturaba nos seus teares artesáns.

Ruta Val do Río Tórdea (Castroverde) Ruta Val do Río Tórdea (Castroverde) Ruta Val do Río Tórdea (Castroverde) Ruta Val do Río Tórdea (Castroverde)

O camiño e chao cunhas vistas preciosas do val a senda vai pola pista asfaltada que nos achega a parroquia de Goi un vivo retrato da anterior fermosas casas de pedra e boas instalación ganadeiras, seguimos a pista para un pouco máis adiante cruzar o río Tórdea afluente do río Miño e divisar a poboación de Tórdea. Non se sabe a que é debido, pero aquí sempre houbo xente animosa e ocorrente, célebre nas feiras de Castroverde polos seus dicires. Cóntase que lle dixo un xateiro ó paisano: "¡Pago un xarro, e cerrámo-lo trato!". ¿O que, ho? ¡A min só me tordea a auga do Tordea!
Fontes: Suaira, da Torre, da Curuxa, do Barranco e maila Pinguela. Os prados réganos coa Xed, coa fonte do Ouro (¡vaia luxo!), e coa do Couso.

Ao paso da parroquia nos adentramos nun fermoso sendeiro onde xa podemos admirar os fermosos e grandiosos castiñeiros, carballos que nos fan boca para o que nos queda por ver. A choiva e a nosa compañeira da alma, aunque se pode con ela.


O sendeiro nos achega a siguente parroquia de A Eirexe pasando ao lado do pequeno grupo de casas de Uriz. Nesta preciosa parroquia (coma as demais) facemos unha paradiña e tomar un refrixerio e reponer forzas pois aínda nos quedan uns oito quilómetros. Son ás 12 da mañá e de novo emprendemos a ruta para chegar a Cellán do Mosteiro. Zona con moito arboredo e con bos prados.
A igrexa é románica, asentada nun outeiro, cun atrio-cemiterio ó redor. No século XII había un mosteiro neste lugar, que non debeu ser grande a xulgar polos vestixios que quedaron na igrexa. Nesta parroquia encontramos o Castiñeiro posiblemente o máis grande do Concello e un carballo que pasa dos cincocentos anos, un exemplar maxestuoso. Neste fermoso paraxe podemos contemplar o fastuoso pazo de Cellán nestes momentos inmerso nunha profunda restauración. O lugar e idílico.


Retomamos a dereita o sendeiro para mergullernos entre carballos, castiñeiros que sen darnos conta estamos nó lugar da Pumarega.
Dicen que ademáis de mazás, foi unha gran productora de liño.


O Rego Traveso, que nace na Veiga dos Ramos rega prados da Pumarega . Por aquí témo-la fonte de Maraina, que hai quen di que se chamou da Moraima, por culpa dunha moura, cos cabelos de acibeche, que a trouxera un fidalgo que estivo por aló, nas guerras da mourería.


A choiva seguía de compañeira. As pernas van cada vez máis pesadas pero nos vamos facendo camiño pasamos Feirobal , Vilar para achegarnos a parroquia de Cellán de Calvos. O terreo participa de monte e de chan, con soutos de frondosas nunha robusta arboreda; a parte destinada a prados e demais cultivos é de boa calidade. A igrexa téñena no lugar de Cellán. Atrio-cemiterio xunto do templo, coma as demáis parroquias.

Ruta Val do Río Tórdea (Castroverde) Ruta Val do Río Tórdea (Castroverde) Ruta Val do Río Tórdea (Castroverde) Ruta Val do Río Tórdea (Castroverde)

Seguimos o camiño ata chegar a una casa e muiño de tres molas, voltamos a cruzar o río Tórdea, subimos unha pequena pendente e de novo una pista asfaltada nos achega a derradeira parroquia de Pereiramá
Un só lugar, o deste nome, Pereiramá. Terra cha, Froiteiros, carballos, piñeiros e algún castaño. As casas sólidas, con boas paredes en cantería.
O templo parroquial é de factura románica pero situado en época renacentista.


Dende este punto da ruta nos queda un quilómetro e medio para o remate da camiñata, non sen antes ter o desafío do último escollo que e a subida constante ata o final. Nesta zona de repente cae unha granizada de escándalo, algúns libraron de ela, pero non sei coma me arreglo que eu non libro nin unha. ¡¡A molladura dígoche que foi boa!!

Por fin no autobús para trocar a roupa por outra seca, ás dúas e media marcaban as agullas do relój, a fame que xunto ao frío que había no ambiente o que máis queríamos era xantar así que sen demora partimos ao Restaurante Pereira 3 para degustar uns bos callos moi ben feitos, unha boa ración de carne asada, un anaco de tiramisú xunto coas orellas regadas de chocolate fixeron que olvidáramos a choiva, o frio, e quedarnos coa fermosura e os encantos que a ruta do Val do río Tórdea nos brindou.


Unha ruta circular de 17 Km. Merece a pena facela.
Noraboa ao Concello de Castroverde pola súa conservación e a boa sinalización en todo o seu recorrido.

Ata a próxima 20,de marzo na ruta “ Praias de Foz” día do SOCIO.

José Luis.