Crónica
Ruta Ribeiras do Sor.
Ola a todos !!!
O domingo 25 de febreiro, "Os
Sendeiros" fixemos a ruta do río
Sor.
Saída de Foz as oito e media e
recolléronos en Ferreira un
pouco antes das nove. A mañá era
fría e con bastante néboa, pero
a ilusión e gañas de gozar do
día, xunto cos nosos compañeiros
era moito máis forte.
Comezamos a ruta sobre as dez da
mañá, toda discorre ó carón do
río Sor (limite das provincias
de a Coruña e Lugo que desemboca
na ría do Barqueiro) nun
sendeiro moi doado, rodeado de
carballos, castiñeiros ,
abeleiras .... discorre a nosa
andaina, a veces nun silencio
absoluto que parecía que as
augas do río non se movían e
outras veces ruxía con pequenos
saltos e rápidos que nos facían
parar para contemplalo e facer
preciosas fotos.
Ó remate, un xantar cun menú
variado, abundante moi rico, no
Galeón en Loiba, recuperamos
forzas para a tarde visitar
Punta de Estaca de Bares. Unha
paisaxe e unhas vistas
impresionantes, aínda que con
moito vento... fomos testemuñas
durante uns minutos dos abrazos
do mar cantábrico e do Océano
atlántico.
Sobre a tardiña de volta a casa;
un día distinto, único e con moi
boa compañía.
Por moitos máis así .. e ata a
próxima.
Mª Carmen Sixto.