>  

 

Crónica

Liga sendeirismo de Galicia, ruta Devesa da Rogueira, PR-G 222.

 

Co roteiro de hoxe, dá comezo a liga de Sendeirismo de Galicia, e con tal motivo escóllese un roteiro polo Caurel, en concreto a Devesa dá Rogueira. Xuntarémonos senderistas de toda Galicia, para gozar destas bonitas paraxes.

Ás 10 da mañá xuntámonos no alto do Couto, o tempo acompáñanos, fai moi boa temperatura e loce un sol esplendido, o que nos permite gozar dunhas vistas magnificas destes vales e montañas do Caurel. Despois dunhas breves palabras explicando un pouco como funciona esta liga, e de como imos desenvolver os roteiros de hoxe, xa que dispoñemos de dous, unha a orixinal PR- G 222, e outra máis curta e pola parte superior para aqueles que están un pouco tocados e íalles a custar realizar a orixinal.


Imolo facer en sentido anti horario, así que comezamos descendendo cara a Moreda, o carreiro está moi ben de piso e é amplo, durante este descenso, ofrécenos unhas belas vistas do val, pasamos por pasteiros, casetas de pedra para o gando e apeiros. Chegamos a Moreda aldea moi coqueta, camiñamos ata o centro de interpretación e collemos o carreiro que atravesa o souto de castiñeiros, pasamos xunto a unha cabana de apeiros e gañado que á beira da porta ten unha caixa de correos para o Apalpador, como non, deixamos os nosos desexos e facemos unhas fotos. Desde aquí empeza o ascenso, e métenos de cheo na Devesa, a cal nos proporciona sombra para protexernos do sol e a calor.


Chegamos ao cruzamento que leva ao miradoiro do Pico Polin, nós non iremos, collemos á esquerda e iniciamos o camiño de regreso ao lugar de partida. Gozando desta vexetación exuberante e dun verde intenso, que relaxa o camiñar, pasamos numerosos arroios, que co seu rumor refrescan o camiñar. Asi paso a paso chegamos ao Alto do Couto. Subimos no bus e imos ata Seoane do Caurel, para facer a comida de confraternidade.


Precioso día, grazas a todos e ata a próxima.


Morís.