Crónica
Ruta Solidaria, Pola Endometriose.
Organizada por
RUNFOZRUN e en colaboración cos
Sendeiros, o 11 de agosto tivo
lugar en Foz unha marcha
solidaria a favor da
Endometriose, enfermidade rara,
todo o recadado irá para a
asociación querENDO, será o noso
pequeno granito de area, e deste
modo facer mais visible esta
enfermidade, movendo conciencias
para que non quede no
esquencemento.
Xuntámonos no patio do colexio
Martinez Otero de Foz, para
dende alí percorrer a mesma
distancia que o día seguinte ían
correr os participantes na
RunFozRun. Como está un sábado
espectacular, o sol luce con
esplendor, o que fai que saiamos
cuns minutos de retraso.
Collemos dirección a avenida da
mariña, a cal percorremos en
fila, para logo virar a dereita
e baixar pola congostra do cura,
e de novo xirar a dereita pola
rúa Paco Mañon e dirixirnos cara
o campo de fútbol de Malates,
imos facendo pequenas paradas
para agruparnos, baixamos a
costa do campo de fútbol, para
dirixirnos a Granda e percorrer
ese fermoso bosque que bordea a
ría. Regresamos cara ó campo de
fútbol para coller a dereita,
bordear a ría e chegar o porto,
que está ocupado polas
atraccións de feira, xa que
estamos en festas, neste punto
encaramos derradeira subida da
marcha de hoxe ata o patio do
colexio, onde comezamos a
andaina de hoxe, tras pasar a
través do arco de saída poñemos
fin a ruta, despedímonos tomando
algo de líquidos para repoñernos.
Fermosa tarde camiñando por unha
causa xusta.
Parabens a todos.
Un saúdo.
Morís.