Crónica

Outro ano máis felicitacións a os amig@s do grupo montaña Peña Furada de Navia pola moi boa organización da “XXIV Travesia Costa Naviega”. Noraboa a Santos e a todo seu equipo.
Preto de 1600 senderistas de varios puntos de España foimos os que participamos neste fermoso día de senderismo, de amistade, nunha palabra facendo amig@s.
Os Sendeiros de Foz de novo un domingo máis compartimos o viaxe cos vecinos de Pasada das Cabras de Burela que fai fortalecer uns lazos que xa tíñamos entre nós.
O día non podíaser mellor un sol radiante, e ceo despexado ás 8,30 da mañá, que xa era un preludio do que ía acontecer. Un bo día para facer senderismo.
Ás 10 da mañá chegamos ao Bao, lugar onde comeza a ruta, un mundo colorido de camisetas, grabadas cos distintos nomes das asociación esperando o pitido de saída. Gaiteiros dando a nota alegre, bullicio, saúdos cos amig@s de outros anos. Recollemos os tikes para o xantar e cando son as 10,30h. comezamos a andaína. Un río de xente era o que parecía desfilando polo fermoso sendeiro que nos vai achegando ao monumento natural da Praia de Barayo, un lugar idílico. Segue o camiño ao carón da espectacular Praia pa chegar ao avituallamiento e reponer forzas.

Costa Naviega 2011 Costa Naviega 2011 Costa Naviega 2011 Costa Naviega 2011


O camiño fácil deixanos disfrutar dos bellos acantilados que temos a vista, e achéganos ata ao fermoso pobo mariñeiro de Puerto Vega. Pobo coqueto onde os haxa, nel morreo no ano 1811 o ilustre escritor, jurista e político asturiano D. Gaspar Melchor de Jovellanos. En Puerto Vega se creó a primeira aduana de Asturias, e seguro que o domingo perdeu a súa paza por unas horas. O xentio era tal que prácticamente non se podía entrar nos establecimientos para tomar unhas sidras e reanudar a marcha. A verdade non apetecía marcharse do marco mariñeiro que tíñamos diante.
Subimos ata a atalaia e retomamos o sendeiro e seguir disfrutando das vistas que temos ao noso paso que pouco a pouco nos achega a fermoso areal da Praia de Frexulfe. A Praia a temos a man dende moito tempo pero non damos chegado a ela. Al fin despois de ir polo sendeiro, esta vez costa abaixo ata poñer os pés na ribeira do río frexulfe. Nome que da a Praia. Nesta paraxe a alegría rebosaba por todas as partes, de novo gaiteiros, bullicio, e comentarios da ruta oíanse por todos os rincóns. Xantamos bolo preñao, una froita e de postre requeixón. Xa levábamos 13 km. andados e aún quedaban 7 km. para chegar a Praia de Navia.
Algúns decidimos rematar a travesia neste lugar e continuar ata Navia en autobús e facer una visita a o Navia, pobo do poeta D. Ramón de Campoamor e Campo Sorio , tomamos uns cafés nunha bonita terraza ao carón do muelle e, de seguido visitamos os rincóns de a muralla mediaval, a casa do concello, a plaza porta da vila, a típica rúa San Francisco, a plaza de abastos, os jardíns, e unhas cañas de cervexa. Eu creo que pasamos unha tarde placentera pola vila de navia.
Ás 5,30 da tarde recóllenos o autobús. Unha hora máis tarde chegamos a Foz, coma sempre un pouco cansos, pero moi satisfeitos.
Vémonos na próxima no Monte Castelo en Burela.

 

José Luis