Crónica
ANDAINA CONTRA O CANCRO 2026
Unha vez máis, o noso espírito montañeiro, de axudar e colaborar, lévanos a organizar en colaboración coa asociación local de loita contra o cancro, unha marcha solidaria, a favor da loita contra o cancro, que axude a visivilizar, sensibilizar e recadar fondos para esta loita.
Concentrámonos diante do concello de Foz, e tras unhas breves palabras do señor alcalde, a presidenta da AECC local e unhas pequenas explicacións sobre o roteiro, arrincamos a camiñar. O día está despexado e asollado, moi boa temperatura, dirixímonos cara á pizzería Xoyña, para desde aí subir a Veiga dá Sara, continuar ao castro de Marzan, baixar á súa fonte e continuar ata a praia de Llas, onde colleremos o paseo das praias, que percorre todo o litoral ata o porto de Foz, onde unha mesa da asociación local da AECC, con produtos para vender e unha hucha para recadar fondos para esta loita tan importante, poñerán o punto final ao roteiro de hoxe.
Un forte abrazo aos enfermos e familias, moito ánimo da nosa parte e un pouco de solidariedade.
Moitísimas grazas a todos os que participastes nesta bonita iniciativa, e ata o ano próximo.
Un saúdo.
Morís.
