Crónica

XXX MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS
9 de Setembro de 2018.


Ás 09:30h da mañá xuntámonos diante do restaurante Xoiña, onde repartimos as bolsas co avituallamento e os trípticos, despois dunhas breves palabras dando a benvida e explicando o percorrido da ruta por parte da organización, cedese a palabra o presidente da federación que saúda os participantes. Subimos os buses e dirixímonos cara o punto de inicio da marcha.


Chegados o lugar, baixamos dos buses e equipámonos, estamos en Fontao, onde ten o pazo o conde de Fontao. Dende a estrada baixamos cara a presa onde se capta a auga para o concello de Foz, é un camiño cuberto de castiñeiros, cando chegamos a veira do río Ouro, descendemos pola marxe esquerda, fermoso sendeiro cuberto de vexetación, ó chegar a ponte cruzámola para agora descender pola marxe dereita. Nesta primeira parte a a ruta de hoxe vai pola ribeira do río Ouro, ata chegar a Fazouro, que na Obra Pia, aproveitamos para facer unha pequena parada, cá que reagruparnos, ir o baño, e tomar algo para repoñer folgos.


Dende aquí xa collemos a senda que percorre todo o litoral, o Camiño Natural do Cantábrico, sempre iremos dirección Este, cara a Foz. A primeira praia que atopamos é a Pampillosa, que está na desembocadura do río Ouro, seguimos camiñando para dirixirnos cara á segunda, a praia de Peizas, neste punto temos un avituallamento, con froita e bebida fresca, neste lugar aproveitamos para facer a foto de grupo.


O camiño continua por un paseo marítimo que bordea o litoral, deixando fermosas estampas desta serpe de cor, que formamos os que camiñamos. Así subindo e baixando seguindo o relevo do cantil chegamos a Praia de Llas, longo areal de area fina e branca. Continuamos o paseo ata chegar a Rapadoira derradeira praia de hoxe, dende o Prado de Ramos ollamos toda a praia, así coma a do concello de enfronte, Altar, e toda a ría de Foz. Como quenta o sol, algúns deciden darse un pequeno chapuzón nas súas augas cristalinas, xa nos queda pouco para rematar, o porto está a vista, ese é o lugar para poñer punto final a marcha de hoxe.


Damos 15min. para cambiarse de roupa e tomar algo, subimos ó bus e imos o restaurante Xoiña que onde imos facer o xantar de confraternidade. Rematado o mesmo e mentres nos serven o café, o presidente do club organizador dirixe unhas palabras os asistentes, unhas de agradecemento pola participación no evento e pide desculpas polos erros cometidos, a continuación cede a palabra o presidente da FGM, o cal agradece os asistentes a súa participación, paso seguido procedese a entrega dos agasallos os participantes na marcha, e como remate final fai se entrega dos trofeos, a montañeira mais veterana, o montañeiro mais veterano, e o club ca maior participación.


Grazas a todos os participantes e ata a vindeira edición.


Morís.