>
Crónica
Andareiros de Verán, ruta Pico da Lebre.
Comezamos os
roteiros de verán, como en anos
anteriores serán polos arredores
de Foz, dous sábados cada mes
pola mañá, e para esta primeira
escollemos a subida ao Pico dá
Lebre.
Concentrámonos diante do
concello e desde aí subimos cara
ao cemiterio, para pasando por O
Castro encamiñarnos cara á
capela do Bispo Santo. Facémonos
unha foto e seguimos subindo ata
coller unha pista a metade da
subida pola nosa dereita. Por
este camiño chegaremos á
canteira, desde onde faremos a
última subida ata o Pico.
Durante a baixada ata a capela
do Bispo Santo, aproveitamos
para gozar das vistas
panorámicas que temos.
O que nos queda de camiñada é
por asfalto e a beirarrúa ata
chegar de novo ao concello. Así
poñemos punto final a este
bonito día.
Un saúdo.
Morís.