Crónica
Este ano abrimos a tempada de verán ca ruta Pico da Lebre, saímos de diante da casa do concello como é costume, para dirixirnos cara o derradeiro cumio do concello que nos quedaba para facer nos sábados de verán.
O día amenceu nubrado, pero a
medida que ían pasando as horas
foi despexando, subimos polo
carreiro que dende o colexio do
Pilar vai cara o cemiterio,
pasamos polo Castro, antiga
propiedade dos conde de Fontao,
atravesamos a Veiga da Sara ata
a estrada do Santo, pola que
subimos ata a capela do Bispo
Santo, onde fixemos a foto de
grupo como é costume, aquí
cóllemos cara o mirador do Pico
da Lebre, pero antes de chegar a
el collemos unha pista de
zahorra que nos queda na dereita,
pista que bordeando a montaña
nos lebará ata a cantera do
Seixo, neste camiñar temos unhas
fermosas vistas de Forxan,
Fazouro e parte da costa ata
Tapia, aprovéitase para sacar
fotos e gozar da panorámica, o
camiño segue ascendendo, ten
menos sombra xa que está cortada
moita madeira.
Dende a canteira iniciamos o
derradeiro treito de ascensión
cara a cima, onde se atopa o
vértice xeodésico, temos unha
estampa da zona impresionante,
vemos a ría, Foz, Vilaronte,
Santacilla, toda a costa ata
Tapia.
Aprovéitamos para tomar algo e
beber e desta forma repoñer
folgos, agora comezamos o
descenso, cando estamos preto do
mirardor do Pico da Lebre,
atopamos dous vertedoiros
incontrolados, que uns
desalmados e malos veciños
botaron alí, todos comentan como
é posible que isto ocorra en
Foz, onde temos punto limpo e se
recollen trastos por parte do
concello nas casas, e todo de
gratis.
Seguimos baixando cara a capela
e dende alí ata o concello fin
da ruta.
Nesta ocasión baixou o número de
participantes, cremos que é por
ter que pagar 4€, os non
federados, para o seguro de
accidentes que obriga a nova lei
do deporte galego.
Un saúdo e ata a vindeira.
Morís.