Powered by Wikiloc
 
 

>  

 

Crónica

Andaina de verán: Camiño do Hobbit

Para a última saída deste verán, decidimos facer un roteiro urbana, que nos achegue a un bonito proxecto que está a se xestar en Foz, unha forma diferente de aloxarse, e unha filosofía da vida distinta á actual, imos coñecer o proxecto Utopía, as casas Hobbit e o que persegue.


Ás 9h, concentrámonos no concello, o día está marabilloso un temperatura excelente, damos unha breve explicación do roteiro de hoxe e comezamos a camiñar. Subimos por un calexón ata o colexio do Pilar, e desde aí por un carreiro ata o cemiterio, continuamos cara a O Castro de Marzan, desviámonos á esquerda por eses camiños en dirección a Mansin, onde se atopan as casas Hobbit. Nada máis chegar recíbenos David, a alma creadora deste proxecto, vai explicando brevemente en que consiste, como se está facendo, que persegue, é unha charla moi amena e enriquecedora. Vemos o punto de construción en que se atopa. Ao saír, no mural que hai á entrada, facemos a foto de grupo. Continuamos cara a San Blas, seguimos cara á Corredoira, para seguir ata Mañente, onde gozaremos dunhas belas vistas de Foz, da ría e do xardín adornado de Casa Bolero. Neste punto toca regresar a Foz seguindo o Camiño do Cantabrico, polo belo paseo de Malates, cunhas bonitas vistas da ría. No porto poñemos fin á Andaina de hoxe.


Grazas a todos por participar e facer tan amena a camiñada e ata os roteiros do próximo ano.


Un saúdo.


Morís.