Crónica
45 Marcha nacional de Montañeros Veteranos
Este ano tivo
lugar en Mojácar, Almería, e por
tal motivo desprazámonos ata alí.
Saímos o mércores a media noite
en bus e viaxamos toda a noite
para chegar á hora para comer ao
destino, tras rexistrase e comer
no hotel dirixímonos ao lugar de
encontro onde a organización
deunos a documentación e
indicacións oportunas para a
ruta do sábado.
O venres día do Pilar, dedicámolo a facer unha visita moi interesante a Almería capital pola mañá e pola tarde á paraxe natural do Cabo de Gata, fermoso lugar de orixe volcánico, espectaculares vistas dende o faro.
O sábado madrugamos para
participar na marcha de
veteranos, a organización
tíñanos dúas posibles rutas,
unha longa duns 15Km. e outra
curta duns 9Km. , nós
dividímonos en dous e unha parte
faremos a longa e os outros a
curta.
A longa partiu das inmediacións
do Miradoiro do Apartadero, no
Porto dos Peites entre a Serra
do Aguilón e a dos Piñeiros,
comezamos ascendendo entre
campos de cultivo, ata chegar ao
miradoiro, bonitas vistas
panorámicas, dende aquí nun
forte descenso baixamos ata a
urbanización Mundo Aguilón,
bordeamos o seu campo de golf e
dirixímonos á urbanización
Bellavista, xa á beira do mar, e
lugar de comezo da ruta curta.
Dende este punto a marcha
discorre por camiños carreiros e
praias, comezamos en Terreros
dirección a Aguias, en metade do
pobo espéranos un
avituallamiento, continuamos e
pasamos baixo o Castelo de
Terreros, ao final do pobo,
agora a camiñada discorre por un
carreiro de pescadores que
bordea o litoral e que cunhas
singulares vistas sobre os
Cantís de Honduras e
Despeñaperros, Illa de Terreros,
Illa Negra e Praia de Palmeiras
déixanos impresionados,
continumos ata a Cala de
Cocedores onde poñemos o punto
final á marcha de hoxe.
Subímonos aos buses e
dirixímonos a Pulpí, lugar para
a comida de confraternidade. Ao
remate da mesma achegámonos ao
casco antigo de Mojácar para
visitalo e terminar as
actividades do día. Estes días
aproveitamos para darnos uns
baños no mar mediterráneo, xa
que as súas augas están quentes
e fai unha temperatura
magnífica.
O domingo madrugaremos,
deixaremos o hotel e en bus
dirixirémonos ata Foz e Ferreira
atravesando a península Ibérica
de Sur a norte.
Bonita fin de semana en boa compañía, o que aínda fíxoo mellor. Esperando xa ao do próximo ano que será por terras de Ávila.
Un saúdo.
Morís.