Crónica
Son As cinco e media da maña cando xonan os reloxos nos
fogares dos Sendeiros; un madrugón forte pero altamente positivo pola
ruta tan ansiada que tíñamos diante. Ás seis e media partiamos de Foz
79 sendeiristas con gañas de comezar o viaxe rumbo a Vigo, para dende
alí tomar o Barco que nos levaría ao Arquipélago das Cíes.
Ía a ser a segunda vez que necesitábamos dous autobuses
para levar ao numeroso grupo que día a día vai en aumento.
Ojalla sigamos por este sendeiro e que consigamos facer un pouco máis
agradable a vida a todos os que nos acompañan, sendo respetuosos coa
natureza e disfrutando da sua grandeza e beleza.
O ceo estaba pechado de néboa e nubes que facían
presaxiar mal tempo, pero a medida que van pasando os kilómetros, xa por
terras de Guitiriz comezaba a despexar , con grandes craros e podíase
ollar algún que outro raio de sol que facia olvidar o tempo que tíñamos
na Mariña de Lugo.
Ás nove pasamos polo carón de Santiago de Compostela e,
un pouco máis adiante, en Milladoiro, facemos unha paradiña; uns para
desayunar, outros para estirar as pernas, en fin un pequeno descanso para
retomar de novo a estrada que cara a Pontevedra
e o seu entorno. Vamos
ollando a ría e os pobos que se espallan a ambas ribeiras formando
un cadro de gran beleza.
Seguimos o longo viaxe e chegamos sobor das de e
media a un Vigo aínda durminte aproveitando a fin semana.
Toda a serpe verde que formamos Os Sendeiros de Foz vamos case desfilando
pola ampla e bonita zoa da cidade na busca do embarcadeiro. Daba
gusto vernos.
Facemos cola e xa vemos o catamarán
Arroios que sería o
que nos achegaría ás illas Cíes. Ás once fomos embarcando, uns ían a
cuberto, outros na primeira cuberta e, os máis mariñeiros, na derradeira
cuberta A xente que no catamarán vai e impresionante, fálase
dunhas quinientas persoas, maiores, cativos, xuventude, un mundo máxico
coma o Arquipélago que íamos a visitar. Uns 50 minutos dura a travesía
que fai que gocemos do Océano Atlántico ao fondo, e a esquerda a
magnífica cidade de Vigo, vixiada polo monte
Castelo e a sua praia de Samil. Cando chegamos ao embarcadero das illas Cíes xa eran case as doce
da mañá; vamos baixando e xuntámonos ao pe da praia das Rodas.
Unha vez formado o grupo partimos a facer a primeira ruta
: "Monte do faro de Cíes", unha ruta con maior
contraste de paisaxes, dende o areal de Rodas
e o Lago, ata o miradoiro do
faro, coa amplitude do océano dun lado e a ría de Vigo
por outro.
O camiño vai en unha subida suave fácil de andar,
son uns sete kilómetros ida e volta e merece a pena ollar a maxestuosa
obra feita nos alrededores do faro de Cíes, case que se parece a muralla
China. Pero o verdadeiramente impresionante son as vistas que dende esa
atalaia podes ollar: o gran Océano Atlántico, a gran beleza da illa do
Sur ou de San Martiño, no medio ten unha cala que te fai soñar coas
illas do
Caribe. Sargos,
muxos,
salmonetes,
polbos, case que se poden
tocar coa mán no Lago, peixes que serefúxian da forza do atlántico.
O monte faro e o punto visitable máis alto da illa. De
volta do Faro, tomamos o sendeiro que ía a levarnos a ruta:
"Faro da Porta". O paseo fixémolo según vimos do monte
do faro, e con unha suave baixada sempre a beira do mar e disfrutando da
illa do Sur. O calor facía mella no grupo e algúns, entre eles eu,
despois de facer estes dous percorridos decidimos disfrutar da praia e,
por que non decilo, eran ás duas e media e os estómagos xa daban
síntomas da fame. Outros decidiron seguir os dous percorridos que aínda
faltaban: a ruta "Alto do Principe" e a
ruta:
"Monteagudo", sendeiros curtos que ascenden dende o areal de
Rodas
ata os acantilados do miradoiro Alto do Principe, onde se poden contemplar
abruñeiros, e toxeiras, mostra da vexetación propia destas illas. E a
outra vai dende a Duna de Muxieiro ata o acantilado de Monteagudo, onde a
mirada se para entre os perfís da illa de Ons e os acantilados da
"Costa da Vela".
O sol era de xusticia e cada quen foi buscando unha boa
sombra para o xantar cada quen os seus "bocatas", os bos grolos
de cervexa, as botas de viño facían a sua presencia poñendo en
condicións os estámagos, as nosas voces se sinteran neste Arquipélago
de tanta fermosura. . Ás catro e cuarto aparecían os que foran a facer
ás outras duas rutas, o que máis e o que menos traía consigo unha boa
suada, e a fame, según me comentó un, era negra.
Unha vez repostos uns fomos a tomar o sol a praia de Rodas.
Esta praia ten unha area branca e fina capaz de namorar a calquera. Outros
paseaban disfrutando das fermosas dunas, e os demais tomando uns cafés no
restaurante do lugar, un establecemento amplo cunha fermosa terraza a
carón do océano.
Sobre as cinco do serán fomos pouco a pouco camiño
do embarcadeiro, non sen antes aproveitar os derradeiros momentos deste
sitio singular; uns aínda se deron o último baño, e os demáis tomando
o sol, mentras esperamos o catamarán que nos achegará de novo a Vigo.
¡¡ algúns ívanche guapos do sol!!
Eran as seis cando o catamarán Arroyos zarpou rumbo a
cidade Olívica, houbo bastante juerga durante o traxecto e incluso máis
de un cantar se entonou, enchendo de notas musicais a grandiosa ría de Vigo. Ás sete de novo o grupo Os Sendeiros vaixamos do Catamarán
enfilando a gran explanada cara o autobus que xa estaban
esperándonos.
Como anécdota comentar que nos atopamos na cidade a Pedro
da Zoca e á filla de Mari Tere e máis o seu neto. Cansos e faltos de
dormir, subimos ó autobus e rumbo a casa.
Xxa se oían os comentarios sobre o partido España -
Italia que se xugaban o pase a semifinal do campionato europeo de futbol,
uns durmindo e outros escoitando a radio cunha certa intriga, pois o
resultado seguía 0-0 e non había forma de meterlle un gol a os
italianos, ¡¡ van a eliminarnos, xa verás, coma a sempre!!.
Eran ás nove e fixemos unha parada en Guitiriz para
descansar un pouco e ver o final do primeiro tempo do partido, todos
expectantes das xugadas que facían os seleccionados Silva, Villa, Torres,
etc... De novo no autobus sufrindo e escoitando algún que outro
comentario da ruta que fixeramos, pasan os kilómetros e chegando a o alto
da Xesta temos un troco de tempo increible: choiva fina e pechado de
névoa, ¡ non se pode crer !, nun momento pasar dun día de vrao a un
día infernal.
A radio seguia coa selección española e o resultado o
mesmo 0-0. Sigue a choiva, baixamos a Mondoñedo,
Lourenzá e chegando a
Foz remata o partido de futbol. Cando eran ás dez e cuarenta
chegamos a Foz, recollemos as mochilas e demáis trebellos e corre que
corre cara á casa para ver a prórroga do partido e máis os penaltis.
España eliminou a Italia despois de oitenta e oito anos sen gañarlles e
vamos as semifinais. ¡¡¡¡¡ Aupa a Roxa !!!!!.
" Un Parque Nacional onde o mar é o protagonista
da vida"
O noso aire énchese de sal mariño, e Os sendeiros
énchense cada día de boa xente que fan que traballemos todos con máis
ilusión.
Grazas pola vosa compañía, e ata a próxima.
José Luis
|