>  

 

Crónica

XXXIII MARCHA DE MONTAÑEIROS VETERANOS DE GALICIA

A ruta este ano discorre por terras do concello de Barreiros, creamos unha ruta a que chamamos Ruta da Historia, polos recunchos que percorre.

Xuntamonos montañeiros de todolos recunchos de Galicia, o punto de encontró foi o restaurante Rias Altas en Barreiros, para dende ali desprazarnos ata a saída. Baixamos dos buses, repartimos uns agasallos, damos unhas breves instruccións e comezamos a camiñar, toca baixar cara o Santo Estevo, disfrutar da sua fermosa fraga, da sua fervenza, ainda que hoxe leva pouca auga. Toca comezar cas subidas, esta primeira lebaranos ata Penabor, cas suas magnificas vistas da ría e a costa ata Burela, neste punto temos un pequeño avituallamento. Agora toca ir cresteando ata Madanela, onde comeza a derradeira ascensión de hoxe, subida por pistas de zahorra ata o cumio do concello de Barreiros, A Penalonga, de onde teremos unas vistas impresionantes da contorna, veremos toda a costa dende Burela ata mais alo de Tapia en Asturias, a zona interrior permite ollar a zona dos Oscos en Asturias, o interior ata a terra Cha, a serra do Xistral, todo isto fainos votar un tempiño gozando da paisaxe.

Iniciamos a baixada cara o Círculo Lítico da Roda, imos por unha pista de bo firme ancha, e que segue a amosarnos unas inmellorables vistas da costa, pronto xiramos a dereita para meternos no bosque, agora é de eucliptos con alguna mancha de piñeiros, ten uns tramos curtos con unha maior pendente pero levase ben, imos disfrutando da compaña despois de tantos meses sen poder camiñar e laretar xuntos. Cando chegamos a estrada asfaltada xiramos a dereita ata coller a pista que nos leva o derradeiro ito de hoxe, o Círculo Lítico da Roda, admiramos este impresionante vestixio, facemos a foto de grupo, e continuamos pasiño a pasiño ata onde nos esperan os buses, que nos achegaran o restaurante onde imos xantar.

O xantar de confraternidade imolo facer no rsetaurante a Yenca, na praía de Arealonga en San Miguel, magnifico xantar, momento que aprobeitamos para falar cos que levábamos moitos mese sen ver, o remate demos os reconocementos os mais veteranos e numerosos, e despedimonos ata a próxima.

Grazas a todos polo magnifico día.

Un saúdo.

 

Morís.