>  

 

Crónica

Ruta Fraga das Reigadas.

Para o último roteiro deste ano dirixímonos A Pontenova, para realizar o roteiro Fraga dás Reigadas, fermosa paraxe, vexetación exuberante, e auga por todas partes.

Iniciamos a camiñada en Barreiros, e descendemos por unha pista ancha de saburra ata a Fraga, que bonita vista panorámica, coa cor outonal da vexetación. Desde este punto a marcha vai por un carreiro estreito cubertos por arboles sen follas, as cales nos tapizan o chan en tonos ocres, chegamos ao leito do río, e seguimos o seu curso augas abaixo, que agradable son o das súas augas bravas, que fermoso ese verde intenso dos musgos que tapizan todo, imos cruzando o leito sobre pontes cara a un lado e outro e así chegamos ao pozo de Chamoso, desde onde enfronte vemos unha bonita fervenza. Continuamos por unha senda agora máis ancha que segue o curso do río, ata chegar á fonte de Paradela.


Volvemos a unha senda estreita, que segue serpenteando augas abaixo, rodeados do verde do musgo, e un chan tapizado en tons ocres, das follas caídas dos arboles, e pasito a pasito chegamos ao muíño da Reigada e a súa fervenza, aproveitamos para facer unha parada para coller forzas comendo algo e bebendo auga. Seguimos camiñando e gozando do bo tempo que nos acompaña, cruzando as augas bravas sobre pontes de madeira, e vemos na outra beira Bogo, loce bonito cos rallos de sol que o iluminan, imos baixando ata chegar ao seu Ferreiría, abandonada xa hai moitos anos
.

Desde aquí o camiño facémolo por pistas asfaltadas ata chegar á tenda de Manolo onde poñeremos fin ao roteiro de hoxe. Collemos o bus e imos ata A Pontenova, o Lar de Balbina a comer, que rica comida tennos preparada, e moi abundante.

Subimos ao bus e ímonos para casa, poñendo punto final á saída de hoxe.

Un saúdo e ata a próxima.

Morís.