Crónica

ANDAREIROS DE VERAN 2026: RUTA DOS NAZARENOS

Para o inicio dos roteiros de agosto deste ano, escollemos a dos Nazarenos, un roteiro que desde Foz subindo ao Bispo Santo, levaranos a Fazouro e terminaremos de novo en Foz.

Concentrámonos diante do concello, facemos a foto de grupo e comezamos a camiñar. Subimos por unha ruela ao lado do concello, cara ao colexio do Pilar e por un carreiro ao seu lado subimos cara ao cemiterio, o día esta marabilloso, loce o sol, o que nos permite desfrutar dunhas bonitas vistas da ría. Continuamos cara ó Castro e desde aí encamiñámonos á estrada do santo, unha vez na área recreativa facemos unha parada para agruparnos e beber algo. Toca subir en dirección ao pico dá Lebre, pero a media subida desviámonos á dereita por unha pista de saburra. Nesta parte da marcha, poderemos desfrutar de sombra e relaxarnos, xa que é practicamente chaira, só temos unha pequena pendente na metade. Chegados á altura da liña de alta tensión, toca descender ata Fazouro, á zona de Casas Novas. Vaguearemos por entre as casas, para coller o camiño da Granda, para pasar por detrás do parque empresarial e da nova depuradora. Neste punto descendemos ata coller a estrada paralela á variante que discorre por Forxan, ata chegar ao pavillón de deportes, agora continuamos atravesando Marzan polas catro rúas, para chegar ó centro de Foz e dar por concluído o roteiro de hoxe.

Moitas grazas a todos por participar e desfrutar xuntos desta marabillosa xornada.

Un saúdo.


Morís.