Crónica
Nun principio o grupo íamos ser 42, pero o día anterior
ameazaba choiva e algúns raxáronse, así que as 9 da mañá do domingo
partimos cara a San
Tirso de Abres 36 Sendeiros, iso si, con a mosca tras a
orella pois o día non estaba para grandes aventuras.
Neste andadeiro houbo dúas novas incorporacións ó
grupo, trátanse de : Andrés Nieto y Celia Núñez, noraboa por dar o
primeiro paso xunto a nos.
O autobús lévanos por Barreiros e aquí tomamos a
estrada que vai a Trabada para chegar a
Pontenova as dez e cuarto ao
carón dos fornos. Baixamos, arranchámonos e como sempre na busca dun
café para emprender a ruta. As dez e corenta facemos a foto de rigor
diante dos fornos e padiante. Aínda a Pontenova non espertara cando xa
todo o grupo íamos cruzando o pobo pola beira do río Eo.
A choiva non aparecía e tíñamos unha temperatura máis
que agradable, seguimos a pista asfaltada sempre ao lado do río e
rodeados pola bela natureza chea de todo tipo de árbores: abedules,
eucaliptos, castiñeiros, e cunha humidade do rocio da noite que te enche
todo o corpo de natureza.
Seguimos o camiño ata chegar a Saldoiriña. Neste
lugar e onde comeza a verdadeira vía do Ferrocarril, todo un paraxe
gañado a montaña, o piso aínda sigue de terra, pódense ver tamén
algunha que outra travesa de madeira solta no chan, sinales indicativas do
tren San
Tirso - Ribadeo, toda unha nostalxia dun tempo xa pasado. Seguimos
polo marabilloso paraxe, vemos os "casetos" feitos de pedra
donde as xentes do lugar deixaban as bicicletas para coller o tren, vamos
camiñando e chegamos ao túnel da Sela de 173m de lonxitude, con luz e
como si por el non pasara o tempo, verdadeiramente unha marabilla, sigue a
ruta entre unha singular beleza e de novo tropezamos con o túnel do
Carrileiro de 130m de lonxitude, tamén con luz, algún que outro xa tiña
algo de medo, entre túnel e túnel vamos disfrutando da paisaxe sempre
con o maxestoso río Eo de compañeiro. De novo atopámonos con outro
túnel este chamase Piagolongo de 232m de lonxitude obra faraónica onde
as haxa. Comentar que o camiño e todo chan e fácil de facer, pasiño a
pasiño chegamos ao encontro do resto do grupo na " Escala de
salmóns " xa eran as doce e cuarto, comemos algún que outro
alimento, falamos, rimos e visitamos esta instalación.
A "Escala de Salmóns " chamada tamén escala de
artesas ten por obxecto eliminar as barreiras físicas que para os
salmóns atlánticos , a troita, o anguía supón as presas das centrais
eléctricas, constan de varios vasos intercomunicados por vertedoiros con
o obxecto de subdividir o salto total en saltos máis pequenos. Na parte
final da escala existe un contador que contabiliza a cantidade e tamaño
dos salmóns, tamén ten un visor de cristal para poder ollar os peixes no
seu ascenso. Despois do pequeno descanso voltamos ao camiño para seguir
disfrutando da beleza deste entorno envolto polo frondoso bosque que xunto
ao río Eo fai un lugar cheo de encanto e beleza.
De novo atopámonos cun túnel da Central de 65m de
lonxitude, coma os anteriores ben coidados e ben iluminados, seguimos a
senda con boa temperatura e nin rastro de choiva, e de novo pasamos polo
túnel da Volta de 90m de lonxitude a súa saída enseguida pasamos por
unha pasarela de madeira que cruza o río, pola parte de abaixo vemos a
"central eléctrica do Louredal" feita no ano 1932 pola
iniciativa de D. Pedro García para subministrar enerxía para a fábrica
de cristal óptico que se proxectaba en San Tirso de Abres, que como nunca
chego a funcionar, o seu uso foi para subministrar enerxía a varios pobos
da zona.
O camiño sempre chan acércanos a un novo túnel de San
Tirso de 90m de lonxitude, saíndo del vemos unha bela vista dende o alto
e contemplar todo o val e ao fondo ao pequeno pobo de San
Tirso de Abres.
Xa era a unha e media, e aínda era cedo para comer nos
acercamos ao centro para facer unha pequena visita. A Alcaldesa de
SanTirso con moita amabilidade, foi dándonos unhas pequenas explicacións
do seu pobo, extendendose máis sobre a capela de San Xoán do século
XVII. Nesta capela tratan de recuperar as súas tradicións de antano as
cales eran o paso por detraes do altar das persoas e rozar unha pedra nun
miliariun tamén de pedra , e con o po que sae botalo pola fronte e
despois meter a cabeza nun burato e segundo di a tradición curaban as
migrañas. Si este rito e segundo a tradición di, a Benito seguro que lle
desaparecen as migrañas para sempre, pois po en cantidade dígoche eu que
lle botou pola fronte.
Despois da visita cun paseo distendido fómonos achegando
ao restaurante San Isidro na estrada xeral Lugo - Vegadeo. O restaurante e
un lugar familiar cun olor a comida ben feita. Fómonos acomodando, e sen
máis a comer, de Menú : sopa, pote de verdura e empanada, carne asada,
meigas rebozadas e de prostre brazo xitano, café e chupito. ¡ Non esta
mal! ¿non?¡. Nos prostres celebramos o cumpre anos de D. Luciano Devesa
agasallándoo cun pastel e velas, e como non cantado cun chupito na man o
" Cumpre anos feliz, cumpre anos feliz, desexamoscho todos, cumpre
anos feliz", Eu creo que foi moi emotivo o detalle. Así somos Os
Sendeiros. Despois do rato agradable que pasamos na sobremesa e como xa
eran as cinco decidimos partir para casa.
Todos no autobús tomamos a estrada na dirección a Trabada
para despois coller a que nos leva ao alto da Capelada onde se
encontra a capela de San Marcos e baixar a Lourenzá tomar a N-634 cara
Foz. As seis chegada sen novidade
Destacar da ruta o ben coidada que esta toda ela, os
túneles en perfecto estado, o mesmo os ben coidados casetos que hai ó
longo da ruta ,
Ata a próxima
José Luís
|