Powered by Wikiloc

Crónica

RUTA SERRA DO BUIO II


Como colofón as rutas do mes Xullo, escollemos facer unha polo Valadouro, partimos da cima da serra, no cruce da estrada de Rúa a Ferreira, ca pista que percorre o parque eólico.


Collemos dirección Ferreira, no camiño atopamos cabalos e vacas, que non nos quitan ollo, o día non acompaña meteorolóxicamente falando, xa que temos unha bruma que cubre todo polo alto, o que non nos permite gozar das vistas que dende aquí se poden ver, xa que estamos a mais de 600m. nun día claro vese a costa ata mais aló de Tapia, todo o Valadouro o val de Rúa, San Ciprian e a fábrica de Alcoa.

 IMG_20160627_155330  IMG_20160723_095304  IMG_20160723_113502  IMG_20160723_115111


Esta primeira parte é un sube e baixa doado seguindo o relevo da serra, ata que chegamos o nacemento do Rego do Inferno, dende aquí xa empeza a baixada mais forte, pero fai se ben, a pista ten bo firme, as herbas da pista están húmidas pola choiva do día anterior o que orixina que se mollen os baixos dos pantalóns e o calzado. Baixamos seguindo o curso do rego, rodeados de arbores que nos dan sombra, xa que empeza a lucir o sol, este camiño nos vai a chegar o Pozo da Onza, fermosa fervenza, todos quedan impresionados do lugar, facemos a foto de grupo e comemos algo para repoñer folgos.


Seguimos a ruta por camiños rodeados de arbores ata o Pozo das Moscas, e dende alí por estrada ata Ferreira, onde nos esperaba o seu mercado semanal.


Algúns comentan, que volverán outro día que o tempo permita gozar da panorámica dende as alturas e volver a ver a fervenza.


Un sábado espectacular en grata compaña.


Un saúdo e ata a vindeira.
Morís.