Crónica
Os Sendeiros de Foz xa tíñamos na mente de facer algún
día unha xuntanza
coa Asociación de Discapacitados " Virxe do
Carme" de Foz. Despois de varias reunións e buscar algún apoio
quedamos citados para o día 31 de maio para facer a ruta " Senda do
Oso en Asturias.
Ás oito e media estábamos todo o grupo esperando o
bus que nos levaría a eses fermosos paraxes que de seguro íamos a
disfrutar. Os pícaros e máis os seus pais xunto con nos, si queres
estabamos un pouco emocionados pola nova aventura que nos estaba agardando.
A mañá non tiña gañas de espertar co sol, as nubes aparecían de cando
en cando, e facíanos temer que ía aparecer a choiva. Moi pronto xa
empezaron a oír ás primeiras músicas que Ovi,
Suso,
Javier traían no
seus CD. Fixemos unha parada no restaurante Lupa en
Cudillero para
repoñer forzas, e de novo a estrada a carón da senda.
Ás dez e media chegamos, xa tíñamos a choiva
encima que no parou en todo o traxecto, algúns pillamos unha boa
molladura pero merecía a pena vendo como ían disfrutando estes pícaros
que en todo momento daban mostras de agradecemento polo que estaban vendo.
Pero eles querían ollar as osas Paca e Tola e o seu novo acompañante o
oso Furado, traído de Cabárceno,
Cantabria, para procrear a raza, xa que
nestes momentos hai uns 100 osos
soamente.
Pouco a pouco vamos facendo o camiño uns adiante outros
máis atrás ata chegar ao recinto onde se atopan os famosos osos. No
perdían ni un minuto para poder ollar os movementos, o comer, os saltos
dos plantígrados, aunque a choiva seguía anegándonos, todos puidemos
disfrutar destes animais que fan as delicias a quen os visitan. Xa no
reloxo marcaba a unha e media e había fame, achegámonos a area
recreativa de Villanueva e no restaurante, por certo xente encantadora,
sacamos o noso xantar: Tortillas, filetes empanados, empanadas, ensaladas,
postres, bebidas, formando un grupo entorno a mesa verdadeiramente
enriquecedor, a mi como a os demais compañeiros dos Sendeiros Zamora,
Sonia,
Nelle sentímonos agradecidos por poder colaborar deste momento tan
distendido, cheo de nobreza, de inocencia, en fin non teño calificativos
para este colectivo que para outros quixera eu que houbera esta gran
harmonía que eles teñen.
Comezamos os primeiras cántigas entonadas por o tenor
Rubén ¡que ben canta! Acompañado por
Suso, Marcos, Candia, Ovi,
Juan, Fran, Julián, Javier
e todos nós, foron unhas mexicanadas, e non faltou o Miudiño.
Os flaxes das dixitais non paraban de facer fotografías durante todo o
xantar.
Queremos darvos as grazas por permitirnos
acompañarvos neste día que como xa dixen antes foi para nós un
relaxante e unha forma de entender os problemas que este colectivo ten,
pero con un pouco de voluntade poden estar integrados na nosa sociedade
que se dice "normal".
Con eles apréndemos o significado de a solaridade, do
sacrificio, das atención de uns para outros, compartir o que teñen, da
súa música. QUEREMOSVOS.
Unha vez repostos os estómagos subimos ao bus para
visitar en Proaza o
museo do
Oso, un recinto ben coidado e unha chica moi
amable nos foi explicando as lendas e fotografías que no museo teñen. Despois
votáronnos un vídeo sobre a vida dos Osos e o seu entorno moi bonito.
Ás cinco dimos por rematada a visita e de volta ao
bus para regresar a Foz. Nada máis deixar a
Senda do
Oso ao paso pola
localidade de Trubia xa en todo o camiño non caeu unha soa gota de auga,
hai que ter mala sorte, pero que lle vamos a facer, o senderismo non
entende de climatoloxía, soamente sabe da natureza e de fermosos paraxes.
Ás sete da tarde chegamos a Foz, un pouco cansos, pero
si, coa felicidade de saber que este colectivo disfrutou dun día de SENDEIRISMO
na nosa compaña.
Ata a próxima
José Luis.
|