Unha vez repostas as forzas, continúa a marcha na busca da
pista que nos levará polas casas de Trasmonte. Ao principio a costa non
é moi empinada, pero pouco a pouco vaise facendo máis costa arriba canto
máis nos vamos achegando á pista que nos levará a área recreativa de O
Santo.
Unha vez coroada a cota máis alta alguns notamos o esforzo nas pernas.
Tomamos un respiro e un trago de auga, e voltamos a camiñar; ainda
quedaba como unha hora para chegar a O Santo pero, eso sí, este
derradeiro traxecto vai en constante baixada e disfrutamos dunhas
expléndidas panorámicas de Foz e a sua bisbarra.
Por fin chegamos moi cansados a O Santo, donde estaba esperándonos
unha gran bonitada feita polos famosos chefs Xaime, Tano e Tuto,
os grandes sacrificados do grupo neste día. Ó lonxe, xa impregnaba o
ambente o olor do asado; era moi fermoso ver como estes fenómenos habían
preparado tanto o xantar coma as mesas. Non faltaba detalle: vasos,
platos, servilletas, o viño fresquiño, en fin todo perfecto.
Entre risas e comentarios da ruta Os Sendeiros fumos ocupando a mesa,
probando a empanada, os bolos preñados con que Tere nos sorprendeo.
Segue o xantar coa Gran Bonitada que foi moi felicitada por todo o
grupo. A verdade é que o bonito estaba exquisito, corría o viño e a
sidra, e así ate os postres. Tíñamos arroz con leite, tarta de queixo,
dulce... todo elaborado polas expertas reposteiras Ana, Fernanda e
Nelly. Un dez para elas. Non podían faltar os cafés e os chupitos de
varias clases de licor: avellana, herbas, etc. todos eles artesanais. Como
se pode apreciar, había de todo.
A tarde foi moi amena, chea de anécdotas e comentarios de todo tipo do
que pasara no percorrido de pola mañán. |