Powered by Wikiloc

Crónica

ENCONTRO ASTUR-GALAICO, BOAL


Esta IX edición tivo lugar na localidade asturiana de Boal, xuntámonos mais de 800 senderistas, para celebrar este encontro e mailo día do senderista de Asturias, un tempo fabuloso, sol e calor.


Xuntámonos na praza e unha vez rematados os discursos de rigor, collemos os buses e dirixímonos cara a saída, Doiras, aquí comezamos a facer a ruta dos miradores de Viesgo, este primeiro treito será por asfalto percorrendo a aldea de Doiras, iremos en sentido descendente do río Navia, que o percorreremos polas dúas marxenes, primeiro baixamos por unha, cruzámolo e subimos pola outra.


A ruta discorre por sendeiros de monte na súa malloria na primeira metade, bosque de piñeiros, castiñeiros, eucaliptos, atravesa pequenas aldeas cas súas típicas construcións, casas de pedra hórreos e cabozos, pequenos pazos, todo moi fermoso, así ata a area de descaso de Castrillon, onde nos ofrecen algo de beber e paramos para comer algo e repoñer folgos, esta é unha area de descanso fermosa, ten un pequeno rio ca súa fervenza, á sombra das arbores e co rumor das augas batendo cas pedras, fan que nos relaxemos e refresquemos despois desta primeira parte onde o sol quentou con forza.

 20170507_113355  20170507_121351  20170507_121823  20170507_123730


Cruzamos o río Navia pola ponte, e comezamos o ascenso a aldea de Silbon, polo camiño ofrécense unhas fermosas vistas dos cumios das montañas que nos rodean e encaixan o curso do río, seus vales e meandros. Dende aquí descendemos cara o muro da presa do Doiras, o cal cruzaremos para subir ata onde temos os coches aparcados en Doiras.


Grazas a organización polo ben feito que estivo todo e polo trato dispensado a todos os que participamos. Estabades preocupados por ser novatos nestas lides, pasachedes con matricula o exame.

Un saúdo.
Morís.