Crónica
Despois do parón para disfrutar das festas do Nadal, Os Sendeiros de Foz xa tíñamos gañas de pisar a natureza.
A 8ª Festa do Berberecho que con tanto éxito se celebró o fin de semana 15 e 16 de xaneiro en Foz abre o novo calendario festivo do pobo.
Os Sendeiros o domingo 23 damos o banderazo para comezar o novo curso da Asociación. Esta vez decidimos facer a ruta Norte “ Ortiguera – Viavelez, no occidente de Asturias, un tramo da costa dos concello de Coaña e El Franco.
Ás 9 da maña partimos de Foz temerosos do mal tempo que vaticinaban os aguareros de turno. A verdade que non as tíñamos todas con nos, pero coma sempre coa ilusión que poñemos non ai mal tempo que nos bote para atrás.
Ao redor das 10 da maña chegamos a durmente Ortiguera, pobo de arraigo marino, sempre vixiado polo faro San Agustín no cabo do mesmo nome. O pobo e chao pola cara Este e Oeste e que baixa en pendente forte para achegarnos ao pequeno porto pesqueiro, hoxendía con pouca actividade. E un pobo típico marino, súas casiñas encaramadas polas ladeiras e que remata na mar e una postal en vivo. E o pobo dos ancestros de Nely a muller do “Marqués” e foi para ela unha alegría poder enseñar ao grupo las correrías que de pícara paso polas rúas. Mira aquela e a casa da miña aboa, e aquí xugábamosa corda, ao escondite, que recordos. ¡¡Madre, moito cambió!!.
A nosa andaina parte do portiño coa choiva de compañeira, escalamos pola rúa esquerda por diante dunha antiga fábrica de conservas, o paso e estreito que temos que ir en fila india como vulgarmente se dice. No alto chegamos a entrada da senda, un cartel indica a distancia e o perfil da ruta, neste lugar facemos a fotografía do grupo e de seguido iniciamos a ruta, non sen antes poñer os chuvasqueiros, os paraguas, e tamén os guantes. Auga e frío presentes. Neste punto temos una vista do cabo San Agustín, divisamos todo Ortiguera formando un marco dunha beleza singular.
A senda sigue polas praderías de Carrileiras, o lugar de Medal, e os acantilados da praia da Figueira. Pasamos por unha pasarela que atravesa un rego, non sin antes subir unha costa onde xa comezan as primeiras protestas,jajaja!!. Nunca pasa de aí. A choiva xa facia tempo que parara, o frio andando pasa so. Seguimos camiñando encontrámonos coa Ensenada de Torbas, atravesamos a parroquia de Loza ata chegar a coqueta área de descanso “ Mirador de Salias”dende se pode divisar unhas belas vistas. Nesta área levamos uns 7 km. e decidimos facer unha paradiña e tomar un aperitivo e reponer forzas.
Eran as 12,15 da maña cando partimos de novo e adentrarnos en Cartavio, cruza a senda polo medio de fermosas praderías e de novo temos diante a praia Castello e, máis adiante fermosa praia Cambaredo. O grupo ben formado e xuntos vai coma sempre tranquilo, falando e, comentando o que os nosos ollos ven.
Pasando estas dúas praias volvemos a encontrar unha nova área de descanso e un mirador onde ai monumento monolítico co nome “Ventana abierta al mar”. A senda discurre a beira do mar, entre prados ben coidados que nos acerca a A Senra onde de novo temos diante a praia de Pormenande e, ao fondo divisamos a poboación de La Caridad capitalidade do concello El Franco.
A xente xa íamos un pouco cansos co gañas de chegar ao derradeiro tramo, pasamos no medio das casas e pasamos polo camping e a praia Bartolo. Subimos a última costa polo medio dun bosque autóctono e divisamos a atalaia onde se encontra o palacete da famila Jardón de Viavelez onde encontras as antigas escolas donadas ao pobo pola familia Jardón, hoxe dedicadas a actividades culturais, ao seu carón temos as bodegas dos mariñeiros e encontramos de frente o inmenso mar que bate con forza contra os grandes acantilados. Neste punto revivió o nordés co moita forza. ¡¡Uff que frio facia!!
Dende a atalaia descendemos polas rúas estreitas ben empedradas do fermoso pobo de Viavelez ata o pequeno porto. Neste xoia de pobo naceu a novelista Corín Tellado, escritora de novelas de amor, famosa no mundo de fala hispana. Decir de Viavelez que merece a pena perder unhas horas e disfrutar da súa gran beleza.
O bo de Vila xa estaba esperándonos para arrancharnos e poñernos “guapo/as”para ir a xantar a La Caridad, neste momento eran as 2,15 da tarde.
Unha ruta moi bonita, ben sinalizada, ben coidada,e 15 ,8 km. de percorrido. Felicitacións para os seús responsables.
De Viavelez a La Caridad temos 2 km. así que todos Os Sendeiros no autobús camiño do restaurante Quinto esperaba por todos nos. Ben acomodados no comedor xantamos unha boa fabada, xamón asado e, de postre arroz con leite, creo que soamente pola boa compañia e a boa comida mereceu a pena o viaxe. Na sobremesa uns cafés cunhas gotiñas de oruxo rematamos o día.
Ás 5,20 da tarde chegamos a Foz.
Vémonos na próxima