A rota transcorre polo interior do Concello de Foz, pasando
polas parroquias de San Martiño, Santa Cilla e San Acisclo, gozando dos
fermosos paisaxes da zona.
A sua vexetació: piñeiro, eucalipto, salgueiro, bidueiro, acacia,
carballo, castiñeiro, amieiro, mimosa, loureiro, sabugueiro, fan neste
andareiro sentir o frescor desta diversidade de árbores. Con sorte
pódemos encontrar algún corzo vagando pola campía de San Martiño ou
Santa Cilla.
Unha vez chegado á Frouxeira atoparémonos con restos do Refuxio do
Mariscal e contemplaremos unhas belas panorámicas dos Vales: Alfoz e
Valadouro, coa serra do Xistral de fondo.
"Ao pé da Frouxeira, Foz recorda tempos de
esplendor nos que o Mariscal Pardo de Cela rexía os destinos do Reino de
Galicia.
O Mariscal Pedro
Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneyra naceu no Castro d'Ouro,
fillo dunha das máis nobres liñaxes do Reino de Galicia: os Señores de
Cela e de Violante de Aguia. Íntimo amigo dos Condes de Monterrei e de
Lemos, casou con Dona Isabel de Castro, filla da condesa Beatriz e de Don
Pedro de Osorio, uníndose así cos poderosos Condes de Lemos e con
outras importantes liñaxes do Reino de Galicia. Os desleais vasalos
abriros as portas do castelo A Frouxeira ós casteláns aproveitando a
estadía de Pardo de Cela no castelo de Castro d'Ouro, onde o Mariscal
estaba visitando o leal Señor Pedro Miranda. De volta Á Frouxeira o 7 de
decembro de 1483, o exército de Mudarra apreixou por sorpresa no salón
do castelo ao Mariscal, ao seu fillo e a Don Pedro de Miranda, "con
moitos fidalgos honrados que con él estaban", levándoos
a Mondoñedo para execución pública exemplar.
Per treyzón tamén vendido
Jesús nosso Redentor,
e por questes treydores,
Pero Pardo, meu Señor
(Lamento de A Frouxeira" |