Crónica

ANDAINA CONTRA O CANCRO


Celebramos a primeira Andaina Contra o Cancro en Foz, en colaboración coa delegación local da asociación de Loita Contra o Cancro, xuntámonos preto de 200 persoas, esta camiñada tiña como fin visibilizar, animar e apoiar a loita contra esta enfermidade, así como animar a ter uns hábitos saudables, mostra deles, este pequeno roteiro polas rúas de Foz.


Reunímonos na praza do concello, onde despois dunhas palabras do Alcalde e o responsable local da asociación de Loita Contra o Cancro, faise unha breve descrición da marcha de hoxe e unhas pequenas normas de seguridade.


Comezamos a camiñar polas rúas do concello en dirección á pizzería Xoiña, onde viraremos á dereita para ascender cara ao calvario e a Veiga da Sara, neste punto temos unha bonitas vistas da contorna, a marcha discorre tranquila, sempre apoiados polos voluntarios de Protección Civil, pasamos xunto ao Castro de Marzan, para dirixirnos ao Cristo de marzan e cruzar coa axuda da Policía Local a arteria principal de entrada a Foz.


Agora descendemos dirección praia de Llas, onde colleremos o paseo das praias, que nos levara ao porto, que bonita estampa contémplase, todo o paseo cheo de xente facendo unha serpe multicolor, que serpentea a costa, que coas augas claras, que amosa o cantábrico, transpórtanos as imaxes idílicas do Caribe. O día está cómodo para camiñar, non quenta o sol e a temperatura non é excesiva.


Ao medio día a marcha verde Contra o Cancro, alcanza a meta, os xardíns do Conde de Fontao, no porto de Foz, unha mesa cunha hucha e merchandisin, esperan as achegas voluntarias que axuden a custear esta loita.


Grazas a todos os participantes por colaborar e facer posible este marabilloso día e grazas aos voluntarios de Protección Civil e a Policía Local por axudar a conseguir unha marcha segura.


Un saúdo a todos e ata a vindeira.

Morís.