Crónica
BELÉN de CUMES 2019, A FROUXEIRA.
Como xa vén sendo tradición por
estas datas, subímonos a unha
cima e deixamos colocado o
nacemento todo o Nadal, para
este ano escollemos de novo A
Frouxeira, debido ao mal tempo
que levamos padecendo máis de
mes e medio, están todos os
camiños e prados cheos de auga.
Este ano non tivemos que
suspender ou cambiar ningún
roteiro por causas
meteorolóxicas, pero con esta
dado que había unha alerta
laranxa cambiámola do sábado
para o domingo, xa que daban
unha melloría notable no tempo,
ese cambio de data fixo que o
número de participantes
diminuíse drasticamente, pero os
que fomos, fomos a gozar como
sempre da natureza, camiñar en
compañía e nesta ocasión co
aliciente de montar un Belén.
Xuntámonos despois das últimas
casas de Santa Cecilia, de
camiño á Frouxeira, no
cruzamento da estrada de subida
e unha pista que se desvía á
esquerda. Imos subindo aos
poucos, o día está nubrado non
fai frio pero aínda hai algo de
vento, así ata chegar á cima,
baixo unhas rocas grandes que
simulan unha cova, os
participantes mais mozos colocan
as figuras, casiñas e o portal
como máis lles gusta. Facemos
algunhas fotos, contemplamos as
magnificas vistas da comarca que
desde aquí temos, comemos unhas
rosca que nos fixo Joselina,
dámoslles unhas chupetadas aos
mais benjamines, brindamos polas
festas e o ano novo e como fai
algo de vento descendemos uns
metros, para preparar a sorpresa
que temos para o descenso aos
nenos. Son uns paus cunha luz
led colgada dun cable cun
interruptor, que introducimos
nun globo transparente cheo de
confeti dourado para iluminar o
camiño de baixada xa que nos vai
a pillar a noite.
Chegamos onde temos os coches e
despedímonos.
Bo nadal e prospero ano novo.
Un saúdo.
Morís.