Crónica
Ruta Santa María del Mar -- Ranón.
Con esta ruta damos comenzo os
andareiros do 2017, nesta
ocasión escollemos unha ruta
costeira, faremos un tramo do
camiño do Cantábrico.
O día amenceu despexado e frío,
estaba todo xeado, pero para
camiñar sen problema. Unha vez
baixamos do bus comezamos
camiñar dirección oeste, e no
miradoiro da praia de Santa
María del Mar, fixemos a
foto de grupo, dende el ollamos
varios mercantes fondeados a
espera de entrar no porto de
Aviles.
A senda percorre o borde
litoral, sube e baixa do cantil
a praia. A primeira praia que
visitamos é Bahinas, de
ela imos cara a aldea de
Linares, para encarar camiño
a praia de Munielles, o
sendeiro é cómodo de camiñar,
ten subidas pronunciadas, que
non son moi longas da praia o
alto do cantil, imos rodeados de
eucaliptos que nos dan sombra e
axudan a respirar para mitigar
algún que outro arrefriado, de
Munielles subimos a aldea de
La Roza, neste punto
aproveitamos para tomar algo que
nos repoña os folgos. Agora
dirixímonos cara a Cala
Cordal, nun descenso formado
por 277 escaleiras, para logo
encarar o ascenso a o miradoiro
de Vidrias, que nos
amosará unha vista da costa
espectacular, dende o cabo de
Vidio ata o cabo de Peñas,
diante noso atopamos a illa
La Deva.
Dende Vidrias dirixímonos polo
alto do cantil ata o miradoiro
do Playón de Bayas, que
nos amosa unha vista deste areal
tan longo, no que vemos cabalos
paseando, surfistas e xente
camiñando a súa extensión,
descendemos ata a area, negra
polos restos do carbón que baixa
polo río Nalón, e
cruzamos a praia, ata a altura
da cabeceira do aeroporto, aquí
ascendemos cara a Ranón,
onde aproveitamos para ver os
vestixios da guerra civil, a
Casamata e Trincheiras, así
como as inmellorables vistas da
desembocadura do Nalón, San
Esteban de Pravia e San Juan de
la Arena.
Na igrexa de Ranón, montamos no
bus que nos levara ata Soto
del Barco, que é onde imos
xantar, será unha comida caseira
espectacular, no Mesonín de
Tere.
Un saúdo,
Morís.